Na Terceira, o Racing Vilalbés voltou á senda da vitoria diante do Choco, mentres que o Polvorín desperdiciou unha vantaxe de dous tantos e caeu co Barco. Na Preferente, o derbi mariñán entre o Foz e o Viveiro caeu do lado visitante. A Sarriana perdeu na Ribela diante do sorprendente Mugardos e o Ribadeo gañou a un Montañeros en crise. Tamén o Lemos sacou adiante o seu encontro ante o San Tirso, mentres que a Residencia empato una Cheda sen goles ante o Puebla.
O Racing Vilalbés viu premiada a súa insistencia e acadou os tres puntos na última xogada do partido ante o Choco (1-0). Cando parecía que o encontro esmorecía na Madalena apareceu Cuadrado. O dianteiro lucense rematou un centro desde a dereita cando o colexiado xa tiña o silbato preparado para finalizalo partido. Os pupilos de Simón Lamas anulánronlle as ideas a un Choco que comezou a temporada nun gran momento de forma. Na primera metade, Javi Pita tan só tivo que intervir nunha ocasión. Na segunda, Cuadrado en varias ocasións, Sito, Diego Rey ou Jose Varela puideron marcar para os chairegos. Tres puntos importantes logo de tres derrotas consecutivas e dous partidos sen marcar. Dáse a casuliadade que nas oito xornadas de liga, o Vilalbés leva oito goleadores distintos. Cada un marcou un gol. É o segundo equipo con máis goleadores diferentes na categoría empatado co Compostela e cun menos ca o Ourense CF.
O Polvorín deixou escapar tres puntos que parecían seguros ante o Barco (2-4). Segunda derrota consecutiva para o filial lucense que queda ao borde dos postos de descenso. Gran primeria metade dos de José Durán. Marcos e Antón Escobar probaron ao meta rival nos primeiros compases. O dianteiro do Polvorín amosou o seu nivel e foi clave no primeiro tanto, pero seu disparo rexeitouno Oviedo, pero Álex Rey moi atento aproveitou o balón solto para adiantar aos seus. Pouco despois, Antón Escobar fixo o segundo deixando encarrilado o partido. Na segunda metade, os lucenses foron superiores no comezo e Chiqui tivo nas súas botas a sentencia. A partir do minuto 60 cambiou radicalmente o encontro e en sete minutos o pichichi dos de Valdeorras, Juanito Bazo anotou dous goles para empatalo encontro. A falta de sete minutos para o final Ivi Vales culminou a remontada, e David Álvarez no desconto puxo a puntilla.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/concelloguitiriz.gif)
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/PlayaCova-1.gif)
O Viveiro goleou ao Foz no derbi mariñán (1-5). Os de Chusky voltaron á senda do triunfo logo de dúas xornadas sen facelo nun bo partido global de todo o equipo. E fixérono ao grande. Aos dez minutos xa gañaban por dous goles, obra de Gerardo e Álex Meitín. Na segunda metade, Gonzalo recurtou diferencias, pero tan só dous minutos despois, Xaime cun preciso lanzamento de falta voltou poñer terra de por medio. O propio mediocentro do cadro celeste anotou o cuarto desde o punto de penalte e o capitán Álex Meitín redondeou o marcador xa co tempo cumprido. Os de Jesús Gayol, descontentos coa actuación arbitral, quedan na décimoterceira posición.
A Sarriana perdeu diante dun Galicia Mugardos que remontou na Ribela (1-2). Cruel derrota dos de Dani Fernández. Comezou mandando no xogo e no marcador o cadro local cun gol de Mauro. O propio dianteiro tivo ocasión de aumentar a diferencia. Na segunda metade, aínda que o Mugardos apretou non chegaron os goles ata os intres finais do encontro. En tan só tres minutos, os de ferrolterra déronlle a volta ao encontro case sen tempo de reacción para os sarriaos.
Segundo triunfo consecutivo do Ribadeo no campo do Montañeros (2-4). Non comezou ben o encontro para os mariñáns. Aos cinco minutos, un dudoso penalti serviulle ao cadro local para adiantarse no marcador. Antes da media hora de encontro, Poratti igualou tras recoller un rexeite do gardameta logo dun lanzamento de Aitor. Na segunda metade, os de Rafa Casanova saíron máis enchufados e dominaron o encontro dun xeito claro. Aitor foi o protagonista e anotou dous tantos, e incluso puido anotar noutras dúas ocasións. O cadro local recurtou diferencias a sete minutos para o final, pero Diego Hermida logo dunha contra levada por Erni sentenciou o encontro para o Ribadeo.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2025/01/resolucionconcorrenciadeputacion1.gif)
Empate sen goles da Residencia na Cheda diante do Puebla (0-0). Encontro intenso e sen grandes ocasións de gol. Lucas gozou das máis claras para os de Álvaro Meilán tras dúas boas xogadas de Dani Galán. Os do Caramiñal, na segunda metade estiráronse, pero Dani Pérez estivo acertado. Bo punto ante un rival situado na zona alta.
O Lemos gañou ao San Tirso na Pinguela nun gran encontro dos de Edu Rodríguez (2-0). Por fin chegou o segundo triunfo para os monfortinos. Despois de bos encontros a nivel de xogo, os tres puntos eran vitais. Nunha primeira parte de dominio local, pero sen grandes ocasións, na segunda o acerto de Castañer e Armesto fixo que quedasen os tres puntos na Pinguela. Ademáis, coa portería a cero no debut como titular de Arturo logo da expulsión de Ramón diante do Ribadeo.