#Fútbol afeccionado #Preferente Futgal #Terceira RFEF

Trío de Ases Terceira e Preferente (Xornada 3)

Primeira vitoria do Racing Vilalbés, logo de vencer no campo Somozas, mentras que o Polvorín quedouse ás beiras de sacar algo positivo ante o Choco. Na Preferente, o Viveiro continúa intratable e goleou ao Lemos, mentres que a Sarriana tamén comeza a carburar en impúxose en Carballo ao Sofán. O Foz acadou un meritorio empate en Arteixo. Ribadeo e Residencia caeron como locales ante San Tirso e Noia, respectivamente.

O Racing Vilalbés acadou o primeiro triunfo da temporada logo de derrotar ao Somozas no Alcalde Candocia (0-2). Moi superior o cadro chairego ao longo de todo o partido. Xa puideron irse aos vestiarios con opcións, pero o desacerto ante a portería de David Gómez impediuno. Logo da reanudación, Ángel e Aitor Moreda, ámbolos dous xogadores que comezaron no banquiño, revolucionaron o choque e acadaron os tantos da vitoria nos derradeiros dez minutos de encontro.

Derrota do Polvorín pola mínima no campo do Choco (3-2). Encontro no que os erros propios penalizaron ao filial lucense. Comezaron mellor os de José Durán, chegando con claridade á área rival. Morais, Rayco e Álex Rey tiveron ocasións claras. Sen embargo, no minuto 25 chegou o gol do Choco, cun tremendo zapatazo de Yerai desde fóra da área, que se colou pola escadra de Ángel Fraga. Logo do paso por vestiarios, os de Redondela ampliaron diferencias cun tiro de Sergio Santos axustado ao pao. Reaccionou o Polvorín, e Manu Núñez recurtou diferencias, e cinco minutos máis tarde, Rayco acadou o empate. Pero Félix, pouco máis tarde desfixo a igualada a prol do Choco. Morais tivo nas súas botas o empate, pero non estivo atinado.



O Viveiro sumou o seu terceiro triunfo consecutivo, desta volta no derbi provincial ante o Lemos (4-0). Non lle deron opción os de Chusky ao cadro monfortino. Rolle aos cinco minutos adiantou a un Viveiro, que á media hora de xogo xa tiña outros dous tantos no marcador, ámbolos goles obra de Gerardo, o xogador máis destacado do partido. Na segunda metade melloraron os pupilos de Edu Rodríguez, pero non xeraron demasiado perigo ante a porta de Manu Cedrón. Xa co tempo cumprido, Arturo fixo o cuarto para o Viveiro. Dez goles a favor e ningún en contra en tres encontros é o bagaxe dun Viveiro que apunta alto.

Triunfo da Sarriana no sempre difícil campo do Sofán (0-1). Colle carreira o cadro adestrado por Dani Fernández, que acada o segundo triunfo consecutivo e xa se coloca na zona alta. Partido xogado de poder a poder, con ocasión para ámbolos conxuntos. Omar tivo a máis clara para os sarriaos na primeira metade. O dianteiro lucense, tamén tivo a piques de adiantar aos seus logo da reanudación, cun tiro ao longueiro. O Sofán tamén rozou o tanto, por medio de Eibe e Canedo. O tanto chegou logo dun penalti que errou Fernando, pero él mesmo anotou o rexeite.

O Foz segue invicto logo de empatar na Ponte dos Brozos ante o Arteixo (0-0). Tan só un gol encaixado en tres encontros. Moi salientable a melloría defensiva dos de Gayol esta temporada. Desta volta o Arteixo non foi quen de perforala portería do debutante Manu Pardo. O ex do Mondoñedo estivo acertado para deter un lanzamento de falta na primeira metade. Os mariñáns puideron gañar nos últimos compases tras gozar Miguel e Gonzalo de claras ocasións para marcar. Nano, cunha vaselina, tamén a tivo para o Arteixo.



A Residencia non foi quen de frear o ataque do Noia e cae una Cheda (1-4). Púxose costa arriba moi rápido o encontro para os de Álvaro Meilán. Aos cinco mintos, Nando xa aproveitou un barullo na área local para facelo primeiro. Melloraron os lucenses nos últimos compases da primeira metade, e Veloso de tiro cruzado superou a Pajarillo facendo o empate. A segunda metade foi unha lousa para a Residencia. Nando desde o punto de penalti, e logo tras un bo servizo do seu compañeiro Hugo, fixo un hat-trick e deixou sen esperanzas aos locales. Xa co partido sentenciado, Adrián Quintairos anotou o cuarto. Veloso, o mellor do cadro lucense, puido reducilas diferencias.

Un moi mal segundo tempo condea ao Ribadeo diante do San Tirso (1-3). Os de Rafa Casanova xogaron no campo das Valgas o seu primeiro encontro como local desta temporada. Nada presaxiaba un resultado tan desfavorable para os ribadenses, logo dunha primeira metade na que foron superirores ao rival, malia non estar acertados cara o gol. Non lle sentou ben ao Ribadeo o paso polos vestiarios. Un erro defensivo provocou o primeiro tanto, que só tivo que empuxalo Álvaro Rey  ao fondo da portería. Miguel de falta, logo de bater o balón na barreira, e Xian tras culminar unha contra sentenciaron a un conxunto ribadense, moi desdibuxado. Martín Traba, logo dun erro do gardameta visitante foi quen de reducir diferencias. Aitor, Criss e Brais tiveron nas súas botas o gol, pero non era o día dos mariñáns.

Trío de Ases Terceira e Preferente (Xornada 3)

O partido en imaxes: Sober-Chantada B (1-1)

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *