#Feminino #Fútbol afeccionado

Torneos benéficos de fútbol femenino

O lume é, sen dúbida, un gran inimigo para os homes. Desde Futbolinlugo queremos solidarizarnos cos nosos veciños, sexa cal sexa a súa comarca ou o campo de futbol que visitan cada quince días.

Por iso, queremos publicitar e sumarnos á iniciativa que desenvolveu o Peluquería Mixta Friol: dous partidos amistosos co obxectivo de recadar diñeiro para unha familia cuxa casa foi queimada polo lume…

Os amistosos terán lugar, polo tanto, no cerne do fútbol feminino da provincia, Friol, o 30 de decembro de 2017 ás 16 e ás 18 horas. Abrirán a xornada futbolística as xogadoras sénior do Peluquería Mixta Friol, enfrontándose nun emocinante duelo á Selección Galega sub18 Feminina.

Para concluir o día, o equipo mixto da base do Peluquería Mixta Friol mediráse ao Futsal Feminino Castro, nun choque que de seguro estará cheo de goles e emoción. A ambos encontros cómpre sumar un triangular disputado o pasado venres entre CF Friol e os equipos lucenses na División de Honra Xuvenil, CD Lugo e Racing Villalbés.



Animamos  a todos os nosos lectores a pasar o día 30 por Friol para sumarse á boa iniciativa do clube feminino de Friol!!!

 



Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *