O Corgo culmina unha gran temporada co ascenso

Tres anos despois, o Corgo retorna á Segunda Futgal logo dunha espectacular temporada. Os de Abel Rochela venceron ao Relámpago Taboada con claridade e culminaron o seu gran obxectivo: lograr o ascenso e saír campións de grupo. O Rubián deu un paso de xigante para facerse coa outra praza de ascenso directo logo de vencer […]

Taboada B e Rubián non ceden na pelexa polo segundo posto

Púxose ao día a Terceira Futgal coa disputa dos encontros adiados na xornada 12 por mor do temporal, un no grupo norte e catro no sur. O Pol B mantense na pelexa polo play off logo de vencer ao Roupar, mentres que no sur, Taboada B e Rubián sacaron adiante os seus encontros e seguen […]

O Pichón, Muimenta

Catro Roldas e Taboada B recuperan praza de ascenso directo

O Tres en Raia Boas Mans Fisioterapia desta xornada de Terceira Futgal déixanos a vitoria do Catro Roldas no Pichón, nun choque entre rivais directos polo ascenso directo. Os de Román retornan á segunda posición e teñen un partido menos, o que teñen que xogar diante dun Mondoñedo que non afrouxa no liderado. Os da […]

O póker de Kylian engancha ao Río Sil á loita polo play off

O Tres en Raia Boas Mans Fisioterapia desta xornada déixanos a sobresaínte actuación individual de Kylian, atacante dun Río Sil que goleou ao Taboada B e volve a crer que pode rematar en postos de play off. O Corgo non cede e achégase ao ascenso matemático mentres que o Rubián deu un paso importante no […]

Mondoñedo e Catro Roldas golean nunha xornada chea de aprazamentos no sur

A borrasca Ingrid fixo estragos tamén no noso fútbol e a Terceira Futgal foi duramente castigada con cinco partidos aprazados. No grupo sur só se xogou o encontro do Hermanos Somoza, onde o Corgo superou con claridade ao Bóveda. No grupo norte foi aprazado o partido entre o Pol B e o Roupar e xogouse […]

Mondoñedo e Rubián, golpe de autoridade no liderado

O Tres en Raia Boas Mans Fisioterapia da undécima xornada déixanos a dous líderes sólidos. No grupo norte o Mondoñedo impúxose ao Abadín no derbi do Fiouco e achégase paseniño ao obxectivo do ascenso. O Muimenta mantén praza de ascenso directo logo de vencer á Comercial. Chegou a primeira vitoria do curso para o Celeiro, […]

A oitava vitoria consecutiva do Taboada B sitúao preto do líder

O Tres en Raia Boas Mans Fisioterapia desta xornada achéganos á impresionante xeira do Taboada B. Oito vitorias consecutivas que o sitúan a só punto do líder. O filial venceu ao Rubián, firme candidato ao ascenso e aproveitou o empate do Corgo no campo do Incio, que malia todo mantén o liderado. No norte o […]

A sétima vitoria consecutiva do Taboada B nunha xornada marcada pola neve no norte

Dous partidos tiveron que ser suspendidos no grupo norte por mor da intensa neve que caeu o pasado domingo na Terra Cha. En Román non puido disputarse un Catro Roldas – Mondoñedo no que se enfrontaban os dous primeiros clasificados. En Abadín o cadro local recibía ao Roupar e o encontro suspendeuse aos dez minutos […]

O Mondoñedo, único equipo invicto e que conta os partidos por vitorias

Oito partidos, oito vitorias para un Mondoñedo que é líder en solitario no grupo norte daTerceira Futgal. Nesta xornada derrotou pola mínima ao Pol B nun encontro que xa tiña no horizonte o vindeiro choque fronte ao segundo clasificado, un Catro Roldas que goleou ao Roupar a domicilio. O Muimenta prolonga a súa boa xeira […]

Só os líderes se manteñen invictos logo da derrota do Rubián

Chega o sétimo Tres en Raia Boas Mans Fisioterapia da temporada 2025/2026 e faino con dous equipos moi destacados no liderado de ámbolos grupos, que suman pleno de puntos: Mondoñedo e Corgo. No grupo norte, o Mondoñedo venceu no Viñas da Veiga ao Roupar e conta con cinco puntos de marxe sobre o Catro Roldas, […]

O Pichón, Muimenta

Muimenta e Taboada B seguen en racha e aséntanse na zona alta

Chega o sexto Tres en Raia Boas Mans Fisioterapia desta temporada e faino con dous líderes sólidos, Mondoñedo e Corgo, que abren fenda con respecto aos seus perseguidores. No grupo norte, o Mondoñedo segue con pleno de puntos logo de impoñerse ao Celeiro e conta con cinco puntos de marxe sobre o Muimenta, que xa […]