A Axenda do fin de semana (12-13 outubro)

Chega unha nova xornada ligueira. Ademáis do derbi mariñán que protagoniza o Partido da Xornada, ofrecémosvos unha escolma dos mellores partidos para ver ao longo e ancho da nosa provincia. Terceira División – Polvorín – C.D. Barco (Sábado ás 18:30 horas na Cheda): os de José Durán reciben a un dos conxuntos máis en forma […]

A Axenda do fin de semana (31 de agosto – 1 de setembro)

Agardando que se poñan en marcha tódalas categorías do noso fútbol, chega a segunda xornada en Terceira e Preferente. Ademáis, primeira rolda eliminatoria da Copa Deputación. Sábado 31 de agosto – Club Lemos – Puebla C.F. (18:30 horas na Pinguela): non puido ser mellor o comezo do conxunto monfortino. Un triunfo en Dubra, que quere […]

Diario dun mercado. Episodio 132

Os conxuntos lucenses seguen a perfilar as súas plantillas de cara a un comezo ligueiro que xa se vislumbra. Un recén ascendido a Primeira Autonómica, o Guntín, confirmou a renovación de dous novos xogadores, Luaces e Tomi, co que unha boa parte do plantel da pasada temporada continuará co conxunto do Ladairo. Pola súa banda, […]

O partido da xornada . . . Foz e Viveiro ante a derradeira xornada de Preferente

Xa non vai máis. Remata outra temporada máis na Preferente e faino con dous dos nosos representantes xogándose boa parte dos seus obxectivos. Mentras que o Castro xa está descendido, o Ribadeo co sexto posto no peto logo dunha boa temporada e a Sarriana coa cuarta posición ao alcance despois dunha campaña sobresaínte, o Foz […]

O partido da xornada . . . S.D. Sarriana – Viveiro C.F.: a Ribela dictará sentencia na pelexa polo ascenso

Coa salvedade do C.D. As Pontes, destacado líder durante toda a temporada, co ascenso e o campionato no peto desde fai varias xornadas, a pelexa polo segundo posto preséntase, nesta Preferente, máis aberto e emocionante que nas últimas edicións. Catro equipos con opcións, e dous son lucenses: Sarriana e Viveiro. Ambos enfrontaranse o domingo ás […]

O partido da xornada . . . Ribadeo F.C. – S.D. Sarriana: derbi de altura no Pepe Barrera

A Preferente achéganos un derbi provincial do máis interesante. Este sábado ás 17:30 horas, no Pepe Barrera mídense Ribadeo e Sarriana. Para o conxunto local, un partido máis, co oxectivo de mantela boa dinámica da segunda volta, mentras que para os visitantes é unha das nove finais que lle restan para tentalo asalto á segunda […]

O partido da xornada . . . S.D. Residencia – S.D. Santaballés: cara a cara entre aspirantes ao ascenso

Chegan as derradeiras dez xornadas de competición na Primeira Autonómica. Na zona alta, o Lemos conta as xornadas para cantalo seu retorno a Preferente. Por detrás, catro equipos xogaranse o outro posto de ascenso. Dous deles, Residencia e Santaballés enfróntanse o domingo ás 17:30 horas na Cheda. A S.D. Residencia é quinta clasificada con corenta […]

O partido da xornada . . . Friol C.F. – S.D. Santaballés: dous conxuntos sen complexos fronte a fronte

A Reigosa será o esceario, o sábado ás 16:30 horas, dun dos encontros máis atractivos da Primeira Autonómica. Friol e Santaballés veranse as caras nunha situación, que ben seguro, firmarían cos ollos pechados alá polo pasado mes de setembro. Dous conxuntos sen complexos que miran cara arriba, sen máis presión que a de facer bo […]

O partido da xornada . . . C.D. Foz – S.D. Sarriana: aspiracións contrapostas nun derbi de pronóstico incerto

Fai tan só uns meses, Foz e Sarriana rivalizaban por ser os equipos que ocuparan os postos de ascenso a Preferente nunha Primeira Autonómica das máis competidas dos últimos anos. Ámbolos dous acadaron o seu obxectivo, e este domingo ás 16:15 horas no Martínez Otero voltarán a verse as caras, desta vez con aspiracións contrapostas. […]

O partido da xornada . . . Palas C.D. – C.D. Guntín: o liderato do grupo Sur en xogo

Este sábado ás 16 horas, o Palas, líder do Grupo Sur da Segunda Autonómica recibe nos Chacotes ao cuarto clasificado, o Guntín, pero só separados por un punto na clasificación. Un encontro dos máis atractivos neste fin de semana de retorno do fútbol na nosa provincia despois do parón polas festas do Nadal. Malia derrota […]

A 17ª Xornada en Preferente. A Previa

Temos tanta fame de fútbol que aproveitamos tódolos festivos entre semana para que corra o balón nos campos da nosa provincia. Dispútase este xoves a décimosexta xornada de Preferente, mentras que outros equipos como o Racing Vilalbés na Terceira, e unha boa parte dos conxuntos de Primeira Autonómica adiantan ao xoves os seus compromisos da […]

Destacados Primeira. Xornada 13

*Pastoricense-Lemos: O líder atopou un gran rival no Acebreiro. O Lemos dominou a posesión aínda que xerou moi pouco perigo na primeira metade. Adiantouse ao inicio da reanudación ante un Pastoricense que tivo unha boa ocasión para igualar de novo. No entanto, foron os monfortinos os que aumentaron as diferenzas na seguinte xogada. A falla […]