O partido en imaxes: Sporting Lucense – Sarriana ‘B’ (0-1)

O noso amigo Róber Carreira deixounos as mellores imaxes do duelo entre o Sporting Lucense e o filial da Sarriana, que se saldou coa victoria dos sarriáns e coa súa clasificación para a final polo ascenso á Segunda Futgal. As imaxes da clasificación da Sarriana ‘B’ á final polo ascenso

O partido en imaxes: Guitiriz – Cospeito

O Guitiriz e o Cospeito xogáronse o ascenso á Primeira Rexional de ti a ti. O Guitiriz saíu vencedor na quenda de penaltis. Ao final do partido conversamos con Jose Lorenzo, emblema da SD Guitiriz e con Luis Romay, adestrador do Cospeito. A continuación deixamos unhas imaxes do inicio do encontro, do ambiente que se […]

O partido en imaxes: Monterroso ‘B’-Lemos ‘B’ (2-3)

Hoxe traemos un partido en imaxes, unha galería desas que vos gustan. Vibrante duelo entre filiais o que se viviu a pasada semana no Anexo de Cerdeiriños. Finalmente, os monfortinos fixéronse cos tres puntos, unha victoria que foi inmortalizada pola nosa amiga Mariluz Fagín.

O partido en imaxes: Santaballés – Residencia (2-0)

A primeira xornada da segunda volta na Preferente lucense enfrontou na Liga ao Santaballés e a Residencia. Os locais gañaron o encontro con dous tantos de vantaxe. O primeiro marcado na primeira metade por Chechu. O segundo anotado por Jorge Pereira ao transformar un penalti. Coa vitoria, o conxunto de Santaballa presenta a súa candidatura […]

O partido en imaxes: Catro Roldas 4-3 Comercial

O Catro Roldas conseguiu a vitoria na 8ª xornada da Terceira Rexional ante a Comercial. Encontro xogado no campo da Canteira de Román (Vilalba).

O partido en imaxes: Alfoz-Celta Barreiros (0-0)

Hoxe, en exclusiva, as imaxes do choque entre o Alfoz e o Celta Barreiros, que rematou co 0-0 inicial pero que supuxo a confirmación da volta do Alfoz á Segunda Autonómica!