#Fútbol afeccionado #Primeira Futgal #Segunda Futgal #Terceira Futgal

Sesión Plenario 30: Lourido-Esteban Carracedo

30ª Sesión Plenario deixounos o segundo e último cruce de semifinais. Xogaron o carismático xogador do Meira Xosé Lourido e o futbolista do Catro Roldas Esteban Carracedo.

Nesta última entrega falamos de actualidade, de adestradores e xogadores. Dos bancos da provincia así como da nosa historia na clásica rolda de ‘Verdadeiro ou Falso’. Tamén analizamos o fenómeno do All Star Futbolinlugo! e os ascensos de diversos equipos.

o sábado, a gran final en directo

Á espera de que vexades o resultado entre Lourido e Esteban Carracedo, recordámosvos que a gran final se celebrará en directo este próximo sábado. Será ás 18.00 horas no campo Viñas da Veiga de Mondoñedo, nunha das últimas actividades do III All Star Futbolinlugo. O rival de Lourido ou Esteban será o gañador da outra semifinal David Rodríguez.

Chegados a este punto, queremos recordar que os emparellamentos das semifinais tamén foron formados por sorteo. A diferenza da primeira rolda, pero ao igual ca nos oitavos e cuartos de final, a quenda de xogo vén dada polo propio sorteo. Comezan a responder de primeiros os concursantes cuxa papeleta saíu de primeira.



Esta sección conta co apoio imprescindible de Plenario Veiga. O xerente de Discoteca Hermo e Bar Tibor (patrocionadores principais deste espazo) tamén colabora no concurso para avaliar as respostas dos participantes.

O redactor Diego Díaz foi o encargado de presentar esta vixésimo oitava Sesión Plenario que contou coa presenza do colaborador Plenario Veiga.



Sesión Plenario 30: Lourido-Esteban Carracedo

Diario dun mercado. Episodio 349

Sesión Plenario 30: Lourido-Esteban Carracedo

O III All Star xa ten protagonistas

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *