#Fútbol afeccionado #Primeira Futgal #Terceira RFEF

Sesión Plenario 29: Juan Rodríguez-David Rodríguez

29ª Sesión Plenario deixounos o primeiro cruce de semifinais. Xogaron o segundo adestrador do Racing Villalbés Juan Rodríguez e o excolexiado con raíces en Portomarín David Rodríguez.

Nesta última entrega falamos de actualidade, de adestradores e xogadores. De novas chegadas aos bancos da provincia así como das finais de Copa que se celebraron esta pasada semana. E, por suposto, houbo espazo para a nosa historia na clásica rolda de ‘Verdadeiro ou Falso’. Así como para analizar o fenómeno All Star Futbolinlugo!

o sábado, a gran final en directo

Á espera de que vexades o resultado entre Juan e David, recordámosvos que a gran final se celebrará en directo este próximo sábado. Será ás 18.00 horas no campo Viñas da Veiga de Mondoñedo, nunha das últimas actividades do III All Star Futbolinlugo. O rival de Juan ou David será o gañador da eliminatoria entre Lourido e Esteban Carracedo.

Chegados a este punto, queremos recordar que os emparellamentos das semifinais tamén foron formados por sorteo. A diferenza da primeira rolda, pero ao igual ca nos oitavos e cuartos de final, a quenda de xogo vén dada polo propio sorteo. Comezan a responder de primeiros os concursantes cuxa papeleta saíu de primeira.



Esta sección conta co apoio imprescindible de Plenario Veiga. O xerente de Discoteca Hermo e Bar Tibor (patrocionadores principais deste espazo) tamén colabora no concurso para avaliar as respostas dos participantes.

O redactor Diego Díaz foi o encargado de presentar esta vixésimo oitava Sesión Plenario que contou coa presenza do colaborador Plenario Veiga.



Sesión Plenario 29: Juan Rodríguez-David Rodríguez

Diario dun mercado. Episodio 348

Sesión Plenario 29: Juan Rodríguez-David Rodríguez

O CD Lugo repite título de Copa

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *