Futbolinlugo estrea o cuarto capítulo de Sesión Plenario. A cuarta eliminatoria cruzou ao xogador do Racing Villalbés B Samu López e ao futbolista do Iberia Antón Teijeira. Houbo poucos acertos, pero seguro que os que xogan dende a casa se darán conta da resposta de moitas das dez preguntas desta semana.
Esta eliminatoria foi a última que se aproveitou da concesión que fixemos para os primeiros participantes. Ninguén quedou eliminado ata o momento. O gañador accede directamente aos oitavos de final. O perdedor queda nunha repesca na que deberá superar un novo cruce para entrar dentro dos dezaseis mellores.
A partir de agora xa non haberá repesca. Nas próximas eliminatorias o que teña máis acertos pasa aos oitavos de final e o que perda quedará eliminado do concurso.
- Concursantes clasificados para os oitavos de final:
1. Kiños, xogador do Folgueiro
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/concelloguitiriz.gif)
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/PlayaCova-1.gif)
2. Manu, delegado e directivo da SD Burela
3. David Rodríguez, ex árbitro
4. Antón Teijeira, xogador do Iberia
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2025/01/resolucionconcorrenciadeputacion1.gif)
- Concursantes na repesca (xogaranse dúas prazas para os oitavos de final):
1. Lourido, xogador do Meira
2. Víctor Valiño, futbolista do Relámpago Taboada
3. Sotogol, xogador do Celta Barreiros
4. Samu López, futbolista do Racing Villalbés B
Esta nova sección conta co apoio imprescindible de Plenario Veiga. O xerente de Discoteca Hermo e Bar Tibor (patrocionadores principais deste espazo) tamén colabora no concurso para avaliar as respostas dos participantes.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/12/senmas3.jpg)
A participación en Sesión Plenario aínda está aberta. Quen estea interesado debe mandar un correo a futbolinlugo@gmail.com co asunto SESIÓN PLENARIO. Quedan as últimas prazas libres. En total serán 28 concursantes nesta primeira temporada.
O redactor Iván Calaza foi o encargado de presentar esta cuarta Sesión Plenario que contou tamén coa presenza do propio Plenario Veiga.