O Iberia conseguiu o ascenso á Primeira Futgal nesta temporada despois dun gran curso onde demostraron ser un equipo en todas as facetas do xogo. Unha das súas grandes estrelas foi Samuel Gundín, que froito da súa gran temporada gañou unha praza no encontro masculino da quinta edición do All Star Futbolinlugo. Aproveitamos para que se enfrontase aos nosos micrófonos tanto cunha entrevista coma con preguntas cortas que tedes no noso Instagram.
Entrevista a Samuel Gundín do Iberia
Ascenso do Iberia: «O principal factor foi que somos un equipo, temos moi boa relación, xogamos moi ben ao fútbol e penso que tiramos uns doutros. Nese sentido estamos moi unidos».
Paso adiante para acadar o obxectivo: «Apretar cada vez máis. Creo que todos sabíamos o que queríamos e remamos xuntos».

Regreso á Primeira Futgal: «Queremos gañar, imos ir a por todo. Penso máis alá da perrmanencia e penso que somos capadces de ser competitivos. Vexo como rivais ao Ribadeo e ao Chantada Atlético».


Proxecto do Iberia: «Somos todos moi novos. Hai algún máis veterán, pero penso que é bon para que aporte esa experiencia».

