O Celta Barreiros mostrou a súa superioridade ante o Castroverde cunha vitoria por 0-7 nun encontro onde houbo unha clara estrela sobre o terreo de xogo. Rocky foi capaz de meter seis goles nunha actuación que deu a volta a toda Galicia. Xa son 11 os goles que leva en 5 encontros despois de que marcase un novo gol no encontro deste sábado ante o Casás, no que empataron por 2-2. Unha tempada que xa é para o recordo e só acaba de comezar.
O caboverdiano quere que o seu estado de forma poida axudar a un Celta Barreiros que está disposto a loitar ata o final por acadar un bo posto no grupo norte da Segunda Futgal. O xogador pasou polos micrófonos do Ser Deportivos Lugo desta semana e enfrontouse ás preguntas de Álex Gato, presentador do programa, e Eros López, redactor de Futbolinlugo. Na entrevista falaron do encontro ante o Castroverde, a súa xeira goleadora e os obxectivos do equipo.
Entrevista a Rocky do Celta Barreiros
Encontro dos seis goles: «Foi un partido no que nos primeiros minutos anúlanme un pouco. Foi difícil abrir a lata porque o Castroverde defendeu moi ben, pero co pasar dos minutos e a calor tivemos máis oportunidades. Logo xa non me acordaba ben de todo o que aconteceu».
Xeira goleadora: «Temos un bon grupo e as fichaxes están aportando moito. A casualidade é que agora non sei que pasa que estou nun estado de sorte. É a primeira vez que meto tantos goles e encima en dúas tempadas nas que nunca metera un hat-trick».

Obxectivos do equipo: «Estamos arriba a un punto dos líderes. Esperamos estar arriba e ter opcións para poder loitar por conseguir a liga».

