Coñecemos o calendario da próxima temporada da Terceira Futgal, unha competición que conta con dous grupos na nosa provincia, norte e sur, formados por once conxuntos cada un.
A permanencia en Primeira Futgal da Milagrosa, aínda que desprazado a xogar ao grupo sexto, fixo que o Mondoñedo mantivera a súa praza en Segunda, deixando impar o grupo norte. Isto, unido á desaparición da Comercial B fixo que o Chantada B sexa igualmente conxunto de Segunda, deixando o grupo sur tamén cun número impar de participantes.
O grupo norte estará formado por Rioaveso Machinango, Comercial, Matela, Goiriz, Roupar, Friol B, Castroverde, Catro Roldas, Cazás, Abadín e Celeiro.
O grupo sur compóñeno Carballedo, Monterroso B, Relámpago Taboada, Taboada B, Chantada Atlético B, Sporting Lucense, Sarriana B, Sober, Río Sil, Bóveda e Corgo.


A competición dará comezo o día 22 de setembro de 2024 e rematará, na súa fase regular o día 16 de marzo de 2025.
a primeira xornada
GRUPO NORTE
- Matela – Comercial
- Goiriz – Roupar
- Friol B – Castroverde
- Catro Roldas – Cazás
- Abadín – Celeiro
- Descansa: Rioaveso
GRUPO SUR

- Carballedo – Relámpago Taboada
- Sarriana B – Sporting Lucense
- Chantada Atlético B – Sober
- Taboada B – Bóveda
- Corgo – Monterroso B
- Descansa: Río Sil
Ao finalizar a fase regular ascenderán a Segunda Futgal os dous primeiros clasificados de cada un dos grupos. Do terceiro ao sexto xogarán un play off de dúas eliminatorias a dobre volta, que deixará outro ascenso en cada un dos grupos.
Podedes consultar aquí os calendarios completos
GRUPO NORTE:
GRUPO SUR: