#Fútbol afeccionado #Preferente Futgal

Ribadeo e Lemos comezan na casa a nova Preferente Futgal

Xa se coñece a folla de ruta dos catro conxuntos lucenses que disputarán a recén denominada Preferente Futgal. Unha categoría que seguirá mantendo a tradicional división norte-sur e que compoñerán dezaoito equipos.

Mugardos, Sofán, Miño, O Val, Dubra, Negreira, Paiosaco, Ribeira, Montañeros, San Tirso, Arzúa, Ordes e Sigüeiro, representarán á provincia da Coruña, mentres que Lemos, Ribadeo, Escairón e Pol serán os catro lucenses, que terán ao Lalín como representante da provincia de Pontevedra, conxunto do centro xeográfico de Galicia.

A gran novidade desta próxima temporada será o play off de ascenso. Ascenderá de xeito directo a Terceira RFEF o primeiro clasificado de cada grupo e xogarán un play off o segundo, terceiro, cuarto e quinto clasificado de cada grupo, que se enfrontarán de xeito cruzado cos equipos do outro grupo a ida e volta. Os gañadores xogarán unha segunnda eliminatoria na que se decidirán os outros dous equipos que den o salto de categoría.

A competición comezará o día 8 de setembro e farao con dous conxuntos lucenses xogando como locais. O Ribadeo recibirá no Pepe Barrera ao Miño, un dos equipos revelación a pasada campaña, e o Lemos enfrontarase na Pinguela ao Sigüeiro, conxunto filial da SD Compostela. O Pol fará o seu debut na categoría no campo do Arzúa e o Escairón viaxará ao feudo do Ordes, outro recén ascendido.



O Pol xogará na segunda xornada o seu primeiro encontro na Preferente como local fronte ao Montañeros. O Escairón, que xogará cos equipos que deixa o Pol, recibirá no Municipal ao Arzúa. O Ribadeo viaxará a ferrolterra para medirse a O Val, mentres que o Lemos visitará o sempre difícil campo do Sofán.

Para ver o primeiro derbi provincial teremos que agardar á sexta xornada. O 13 de outubro enfrontaranse no Municipal o Pol e o Ribadeo. Na seguinte xornada o Pepe Barrera albergará outro encontro de rivalidade entre o Ribadeo e o Escairón.

A competición, na súa fase regular, rematará o día 11 de maio. O Escairón viaxará a Sigüeiro e o Pol fará o propio ao feudo do Ordes. O Ribadeo recibirá ao Sofán, mentres que o Lemos xogará tamén como local diante do Mugardos.



O play off de ascenso dará comezo, salvo variación, o día 25 de maio de 2025.

Aquí podes consultar o calendario completo: Calendario_PREFERENTE_GRUPO_1.pdf

Ribadeo e Lemos comezan na casa a nova Preferente Futgal

Diario dun mercado. Episodio 444

Ribadeo e Lemos comezan na casa a nova Preferente Futgal

Diario dun mercado. Episodio 445

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *