Ramiro Bao, á esquerda, presentado no Volantes de Baño

Ramiro Bao: «Quedoume o ‘gusanillo’ de seguir vencellado ao fútbol»

Figuras do fútbol lucense coma Ramiro Bao teñen que continuar ligados ao fútbol fóra da provincia por diversos motivos, aínda que mantendo o seguemento polo que pasa en Lugo. O xogador que estivera a piques de ir ao Real Madrid na súa xuventude agora leva varios anos vencellado ao deporte, pero na Costa da Morte, onde existe unha gran tradición. Na vindeira tempada, collerá o mando do Volantes de Baño da Terceira Futgal na que será a súa primeira experiencia coma adestrador no fútbol sénior.

Futbolinlugo: Como chega a oportunidade de adestrar ao Volantes de Baño e seguir vencellado ao fútbol?

Ramiro Bao: «Xa levo uns anos na Costa da Morte por traballo e animeime co tema de adestrar cando comecei a ver que por problemas de rodilla xa non podía competir da mesma forma. Para matar o mono, comecei a adestrar. Collín o infantil do Outes hai dous anos e esta tempada estiven co cadete da Esteirana. Para o ano falei co Volantes de Baño coa idea de coller só un equipo, pero ao final por temas de directiva e ter o control das decisións aceptei coller tanto o sénior coma o xuvenil. A Liga da Costa é moi competitiva e os equipos son moi guerreiros«.

FIL: Xa levas uns anos na Costa, que diferencias notas na forma de vivir o fútbol aí comparado con Lugo?

RB: «No fútbol da Costa hai moita afección e sendo vilas máis pequenas os campos están sempre cheos con moito apoio de socios. No canto dos xogadores vexo moito talento, pero é un mal común que non hai disciplina. Eu veño acostumado das inferiores de Lugo e Rácing onde o esforzo era innegociable e aquí vexo que a xente non o toma tan estricto como vivín. Os afeccionados si que están moi volcados metendo máis xente en partidos de Segunda Futgal que en Terceira RFEF en Lugo«.

Ramiro Bao: «Non quero que os rapaces o pasen mal»

FIL: Falabas desa disciplina que tes de grandes canteiras e incluso estar preto do Real Madrid. Que che aporta toda esa traxectoria?

RB: «Eu quixen empezar cos rapaces porque o do Real Madrid pasoume cando tiña 18 anos. Non era por un tema futbolístico, era persoal porque eu paseino moi mal e non quero que os novos o vexan así. Inculco moita orde nos adestramentos, pero sempre pregunto como van os estudos e outras cousas porque ás veces esquecémonos que teñen a súa etapa formatica. Quérese xogar a carta do fútbol cando despuntan e pode que non saia por moitas circunstancias. Eu paseino mal e incluso deixara os estudos un ano. Deixoume moi marcado e non quero que os rapaces vivan iso«.

FIL: Indo cara á parte táctica, que vai definir ao Ramiro Bao adestrador?

RB: «Adaptándome ao xogador, porque aínda que teñas unha idea de xogo tes que ver as ferramentas, a min gústame ser práctica. Quero ter o balón e posesións longas, pero necesitas xogadores que cho poidan aportar. Se non se poden intentarei sempre sacar o mellor do equipo. Son unha persoa metódica a nivel táctico e de análise do rival. O que vexo é que aínda que son novo miro cara atrás levo toda a miña vida co fútbol«.

FIL: É tamén unha cuestión familiar tamén porque teu irmán chegou moi lonxe. Non sei se o estás intentando convencer para que poida ser o teu segundo adestrador.

RB: «Tivemos formas de vivilo diferentes. Eu fun a rama paixoal da árbore e el a máis pausada e ao final deulle resultados a nivel semiprofesional grazas as súas enormes condicións. No momento no que o deixou xa non o botou de menos e a min, moito pola lesión que me impediu manter un bon nivel futbolístico, quedoume ese ‘gusanillo’ de seguir ligado ao fútbol e agora a forma de facelo é adestrando«.

FIL: De cara ao futuro, se a vida voltase a mirar cara Lugo gustaríache adestrar a algún equipo da zona?

RB: «Eu sempre teño paixón polo Lugo, foi o equipo no que me criei cos seus valores e no que tiven clara a idea de xogo de toque de balón. Sempre estou pendente de como lle vai. A casuística de vivir aquí impediume que nalgún momento adestrase a algún dos cadros das inferiores do club. Seguro que o camiño voltará a cruzarse co Lugo. De feito, cando vexo algún rapaz que adestro que pode despuntar sempre intento levalos para que teñan a oportunidade de que os vexan e teñan a recompensa polo seu gran esforzo».

Ramiro Bao: «Quedoume o ‘gusanillo’ de seguir vencellado ao fútbol»

O CD Lugo B xogará contra o

Ramiro Bao: «Quedoume o ‘gusanillo’ de seguir vencellado ao fútbol»

Diario dun Mercado. Episodio 464

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *