#Fútbol afeccionado #Preferente Futgal

Rafa Casanova (Ribadeo F.C.): «A miña meta será quedar o máis arriba posible»

Malia que non é ribadense nin tan sequera mariñán, Rafael Casanova Peteiro (30-04-1982 Friol) pasa por ser dos importantes nos últimos anos da historia do Ribadeo F.C. Logo de xogar no C.D. Lugo, co que logrou subir a Segunda B, marcado incluso o gol decisivo ante a Ximnástica Segoviana, Cidade de Santiago e Racing Vilalbés, o de Friol chegou ao Ribadeo no 2011. Eran anos nos que o Ribadeo viña de peregrinar pola Segunda e Primeira Autonómica, e co de Friol sendo un xogador referencial, o clube voltou a ter un nome no fútbol galego, podendo disfrutar durante dúas campañas da Terceira Divisíón.

Agora, logo de colgalas botas, Rafa Casanova colle o timón do Ribadeo F.C. logo da non continuidade de Fiz Rodríguez.

FUTBOLINLUGO: Fai dous meses imaxinábaste hoxe adestrando ao Ribadeo?

RAFA CASANOVA: Non, para nada. Foi unha sorpresa, xa que pensábamos que Fiz seguiría, pero non chegaron a un acordo a directiva e él e foi cando me chamaron a min. A verdade que tiña case decidido xogar un ano no Friol, que é o equipo do meu pobo, pero ao surxir esta oportunidade quedei no Ribadeo.



Rafa afronta a súa primeira temporada no banquiño ribadense

FIL: Xa comezástedes a pretemporada. Como ves ao equipo xa feitos os primeiros adestramentos?

RC: De momento só levamos catro ou cinco adestramentos e falta moito rodaxe, pero se fixemos este equipo e fichamos a xente que fichamos foi pensando en facer un equipo competitivo e neso andamos, intentando canto antes acadalo porcentaxe máis óptimo de cada xogador para competir o mellor posible.

A pantilla non está pechada, o ideal sería que chegase algún reforzo



FIL: Trastocouche moito os plans a saída de Brais, que ía ser o teu axudante?

RC: Si, foi unha sorpresa. Tiñamos moitas cousas faladas e planificadas, veu ao primeiro adestramento e unhas horas despois díxome que non seguía (adestrará cadetes e xuvenís do Castro). De momento sigo sólo, os xogadores están contentos de cómo estamos adestrando. Estamos buscando alguén, pero se non aparece a persoa axeitada seguiremos como ata o de agora.

FIL: Agardabas poder manter máis xogadores da temporada pasada?

RC: Creo que iso xa non foi cousa miña. Moitos ao rematala temporada pasada xa decidiron saír, incluso antes de saber se Fiz ía continuar. Pero bueno, cada un toma as súas decisións e tampouco hai que darlle moitas voltas. Temos que afrontala temporada os que estamos.

A mezcla de xogadores novos e veteráns creo que vai ser boa



FIL: Como está a día de hoxe a confección da plantilla? Pode chegar algún xogador ou dádela por pechada?

RC: Non está pechada. Estamos falando con xogadores e quedamos a expensas da resposta que nos den. O ideal sería que chegase alguén, pero se non é posible comezaremos cos 19 que somos, e temos equipo xuvenil para cando sexa preciso.

FIL: Que obxectivos vos marcades a comezo de temporada? Ves posible loitar, como a temporada pasada polos postos altos da clasificación?

RC: Cando se comeza sempre pretendes gañar tódolos partidos. Sabemos que iso é imposible, pero o obxectivo é quedar o máis arriba posible, e esa vai sela miña meta.

A Preferente cada vez é unha categoría máis igualada, hai que deixar pasar as xornadas a ver onde se posiciona cada equipo

FIL: Savo Javichu e Fernando que retornan ao Ribadeo xa con certa veteranía, as restantes incorporacións son de xogadores  moi novos. O nivel que podan chegar a dar marcará o que poda acadar o equipo?

RC: Nós queríamos mezclar veteranía e xuventude. Tanto Roi como Brais veñen dunha categoría importante como é a Division de Honor Xuvenil e Mario, malia ter 20 anos vén de competir tamén en Preferente, polo que non se vai notar a diferencia de idade. Van darnos un plus de calidade e tamén de alegría, porque os chavales novos sempre a teñen. Eu creo que a mezcla vai ser boa e de os frutos que todos agardamos.

FIL: Logo suben de xuvenís Adrián e  Marcos. Que agardas deles?

RC:  Tamén sube Javi Prieto que xa estivo con nós a maior parte da temporada pasada. Ao igual que con Roi e Brais seguramente teñan esa ilusión de competir nunha categoría nova con xente maior que eles. Ogallá aporten todo o que xa se viu deles. Marcos é un central contundente que agardo que o siga demostrando e Adrián é un goleador dos que nos fan falta. Vén de marcar moitos goles en xuvenís e espero que teña esa sorte que tamén se precisa nas primeiras xornadas.

Adrián chega ao primeiro equipo do Ribadeo logo de ser o referente goleador dos xuvenís

FIL: Como ves a Preferente de cara a esta nova temporada?

RC: Sempre é unha categoría moi difícil e igualada. Tódolos equipos se reforzan ben e cada vez hai máis informes e todos nos coñecemos mellor, polo que, cada ano é mais complicada. Imaxino que os equipos que baixaron, como Noia e Negreira, así como o Viveiro é de suponer que estarán arriba, pero sempre hai sorpresas tanto para ben como para mal. Creo que hai que deixar pasar as primeiras xornadas para ver como se posicionan os equipos.

FIL: Comezades no Pepe Barrera ante un recén ascendido como o Agolada. Cres importante comezar con bo pé? Nas últimas campañas ao Ribadeo cóstalle arrancar.

RC: A verdade é que últimamente non comezamos nada ben Tentaremos este ano cambiala dinámica. Son dos que penso que comezar ben sempre da un plus, xa que se comezas perdendo parece que xa tes que ir a remolque, remando para remontar os puntos perdidos.

Rafa Casanova (Ribadeo F.C.): «A miña meta será quedar o máis arriba posible»

Diario dun Mercado. Episodio 89

Rafa Casanova (Ribadeo F.C.): «A miña meta será quedar o máis arriba posible»

Diario dun Mercado. Episodio 90

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *