#Fútbol afeccionado

Programa completo do IV All Star

concursos

O IV All Star chega con moita forza. Para quen teña mono de fútbol, temos preparada unha xornada moi intensa, chea de emocións e de competición. Porén, a edición deste 2024 presenta unha serie de novidades con respecto ás previas.

En primeiro lugar, recuperamos o horario implantado en Burela hai 5 anos. Os dous partidos —masculino e feminino— terán lugar pola tarde. Por outra banda, incorporamos a colaboración de BMS Sport Health, que amenizarán toda a tarde con actividades para os máis pequenos e, ademais, permitirán innovar nos concursos.

copa

Un dos platos fortes chegará despois do partido masculino. A Fan Zone que teremos ao longo de toda a xornada no Ladairo transformarase nunha festa, con DJ, comida e bebida, á que estades todos convidados. Deste xeito, a tarde do sábado 22 queda repartida do seguinte xeito:

16.00: Partido feminino entre a selección Lugo Sur, dirixida por Pili Neira e Dani Abelairas e a selección Lugo Norte, adestrada por Romina Dadín e Joaquín Blanco.



18.30: Concursos. Futgolf, Chutómetro e Malla de Precisión. A inscrición está aberta ata o venres 21 e todo o mundo pode participar: adestradores, xogadores, afeccionados…. Toda a información ao respecto está aquí.

19.45: Partido Masculino entre a Selección de Preferente e Terceira, dirixida por Adrián Laureda e Rubén Acevedo, e o combinado de Primeira e Segunda, adestrado por Roberto Fernández e ‘Moro’ Fuente.

22.00: Comezo da Gran Festa do Fútbol Lucense, ata que vós queirades!



Máis sorpresas no Iv all star

Todo o evento intercalará momentos de música, merecidas homenaxes a xogadores que se retiran, sorteos de material deportivo e outras moitas sorpresas que descubriredes alí. Contamos con vós.

all

Programa completo do IV All Star

Diario dun mercado. Episodio 409

Programa completo do IV All Star

Diario dun mercado. Episodio 410

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *