O Racing Villalbés celebra unha das vitorias da Terceira RFEF

Chegou o primeiro pleno da Terceira RFEF

Os conxuntos lucenses da Terceira RFEF consiguen o seu primeiro pleno de vitorias da tempada xusto antes de que chegue o Nadal. Lugo B, Racing Villalbés e Viveiro lograron vencer compromisos complicados para proseguir nos seus obxectivos. Ademais, a Sarriana acadou a súa primeira vitoria da era Dani Giménez ante o Langreo e o Lemos apisonou ao Alertanavia. Pola contra, tanto o Burela como o Pol perderon na Preferente Norte.

O furacán Lemos

O Lemos conseguiu golear ao Alertanavia cun contundente 6-0. Os de Edu Rodríguez firmaron o seu mellor encontro no que vai de tempada e, xa no minuto 3, Fito conseguiu o seu primeiro tanto do encontro. En só media hora, o dianteiro arxentino completou un hat-trick con xogadas colectivas pola banda que rematou placidamente co pé. Antes de que rematase a primeira parte, Rogerio rematou unha transición para poñer o cuarto

Pese a que o ritmo baixou despois dunha primeira parte de escándalo, a goleada continuou na segunda parte. Con moito control, todo propiciou que os monfortinos colleran boas saídas de balón para conseguir xerar perigo. Unha desas propiciou no gol de Youness no minuto 64. O propio xogador lograría forzar o penalti que pechou a goleada e que fixo que Yann participase nunha goleada que A Pinguela recordará.

Dani Giménez estrea o seu contador de vitorias

A Sarriana completou ante o Langreo o seu mellor encontro e logrou saldalo con vitoria por 0-2. Ademais, foi a primeira que acadaron desde que Dani Giménez chegou ao cargo. Desde o inicio do encontro, os conxunto sarriao conseguiu marcar o ritmo ofensivo con boas combinacións e moita velocidade. Foi no minuto 25 no que conseguiron dar o golpe despois de ter varias oportunidades de marcar. Un defensor cruzouse no un contra un de Edu ante Adrián e mandou o balón a córner. Berardozzi puxo un centro preciso para un Maxi que se elevou e mandou o balón á escuadra.

Pese a que o equipo local trataba de dar un paso cara adiante, a zaga da Sarriana mantívose sólida en todo momento. E foi antes do descanso cando asestaron o golpe definitivo. Millán recibiu na banda e conectou unha parede con Santi Gegunde. O extremo perfilouse e disparou para marcar un dos goles da tempada. Na segunda parte, o Langreo tratou de ir a por un tanto que acurtase as diferencias, pero a través das transicións o encontro mantívose tranquilo.

A Tercera RFEF está de celebración

O Racing Villalbés abriu a Terceira RFEF cunha vitoria por 0-1 no campo do Cambados. Os chairegos saíron a polo encontro desde o comezo e tiveron unha gran oportunidade de Borja Míguez. Preto do minuto 20, Pablo Trigo puxo un gran centro para o remate de Javi Varela, que logrou abrir o marcador. O guión cambiou e o Cambados deu un paso adiante, sobre todo coa expulsión de López, pero non sufriron moito para facerse cos tres puntos.

O Lugo B conseguiu vencer ao Gran Peña por 2-3 nun encontro igualado ante dous equipos consolidados na Terceira RFEF. Aday pasou a ser falso nove e iso resultoulle perfecto ao filial albivermello, xa que no minuto 6 Aday cazou un balón na frontal para abrir o marcador. Na segunda parte, o Lugo B pagou as ocasións falladas con dous goles de Fran e Cellerino. Tocáballe remar aos de Dani Galán, que só dous minutos despois do segundo tanto lograron igualar por medio de Ibe. O gol da vitoria chegou no minuto 79 con Aday que volveu a mostrar a súa capacidade para decidir os encontros.

O Viveiro, pola súa parte, pechou o pleno de vitorias da Terceira RFEF cunha vitoria de moito mérito ante un Somozas considerado como un dos candidatos na loita polo ascenso. A solidez defensiva do cadro de Alberto López quedou latente no encontro, xa que conseguiron que o cadro visitante non xerara grandes oportunidades. Un gran gol ao contraataque de Cora no minuto 41 deulles a vitoria e tiveron incluso boas opcións co goleador e Lansade para pechar o encontro.

Dúas derrotas de tintes diferentes

O Burela volveu a mostrar a súa valentía ante o Lalín, pero caeron por 1-3. O Burela dominou en varios tramos do encontro, pero un penalti moi protestado polos da Marosa rematou no primeiro gol de Eloy. Antes do descanso, os de Oke dominaban e tiñan oportunidades. Pero Eloy volveu lograr outro tanto. Nun tumulto de protestas, o colexiado expulsou a Adri Kun e Brais Calvo fixo o terceiro. Os da Mariña recompuxéronse e cun penalti que marcou Diego Chao recortaron as distancias.

O Pol non puido sumar nada no Municipal tras perder por 0-1 ante o Dubra. O encontro non foi para o recordo dos de Labrada, que non conseguiron ter a fluidez suficiente durante gran parte do encontro. Antes do descanso, un rexeite deu en Marco, que meteu en propia porta. Na segunda parte, o pol deu un extra ofensivo a falta de 25 minutos para o final, pero as oportunidades de Diego Rei, Ríos e Omar non conseguiron igualar o electrónico.

Foto do Instagram do Racing Villalbés.