#Cadetes #Fútbol Base

Preconvocatoria da selección lucense sub-15

A selección provincial sub-15 deu a preconvocotoria de cara a un adestramento preparatorio para o campionato de seleccións comarcais galegas de fútbol base. A sesión preparatoria será o vindeiro martes ás cinco e media da tarde no campo de herba artificial das Gándaras en Lugo.

O CD Lugo é o conxunto máis representado nesta preselección. Son seis xogadores do equipo albivermello os citados para o adestramento: Xoel Trasancos Atadell, Samuel Senande Rodríguez, Pablo Fonseca Jover, Xabier Becerra Galán, Mithun Castelo Pacio e Diego Rey González. Outro equipo da cidade amurallada, a Residencia conta con Adrián Cancio Castiñeira, Jorge Conde Ballón e Alejandro García Cuadrado. Tamén por parte do Viveiro foron citados tres futbolistas: Xoel Eijo Mejuto, Juan López Sánchez e Xabier Boixet González.

Ademais outros dous equipos da Mariña contan con futbolistas na preselección. Por parte do Porto Burela están Luis Pernas Maseda e Noel Díaz García e polo UD Xove, Diego Martínez Cobo e Diego Fernández Vicente. Baixando ata a Terra Chá, Óscar Presno Iglesias e Iago Fernández Rodríguez do CD Castro, xunto con Gabriel Blanco Vivero do Racing Vilalbés foron chamados para sesión vespertina.

Equipo do Polvorín cadete que foi campión da Liga Autonómica Cadete.

 



Pablo Pardo do Becerréa, Alejandro Abella Arias da SD Sarriana, Jorge Bustos García do CD Corgo e Adrián López Abad do Polvorín completan a convocatoria de 23 futbolistas. Precisamente o Polvorín foi o campión da Liga Autonómica Cadete e hai unhas semanas falabamos co seu adestrador Francisco Caballero. A falta de que os propios futbolistas confirmen a súa existencia, prevese que os 23 estean o martes no campo das Gándaras.

 



Preconvocatoria da selección lucense sub-15

Notas da Segunda e da Terceira nos

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *