#Fútbol afeccionado #Terceira Futgal

Piringalla e Santa Comba danlle a volta á eliminatoria e son de Segunda

O Tres en Raia En Boas Mans tráenos aos dous últimos conxuntos en acadar o seu billete para xogar o vindeiro ano en Segunda Autonómica. Piringalla e Castroverde remontaron os resultados adversos dos encontros de ida e eliminaron a Castroverde e Sober, respectivamente, e acadaron o ansiado ascenso de categoría. No caso do Piringalla no seu primeiro ano de existencia, ao igual que o Casás, que o logrou xa na fase regular.

Analizamos tamén os encontros da cuarta xornada do Torneo Delegación.

play off de ascenso

A Piringalla dalle a volta á eliminatoria na prórroga diante do Castroverde (3-0). O cadro local fixo o máis complexo nada máis comezar. Igualar a eliminatoria. E aos tres minutos chegou o tanto de Cristóbal cun disparo desde preto do punto de penalti tras un servizo de Alvariño. O encontro trocou respeto do plantexamento inicial e ámbolos conxuntos parecía que firmaran este resultado ata o chegada do descanso. No segundo tempo o Castroverde baixou o ritmo e a Piringalla aproveitou o seu mellor tono físico. Cristóbal contou con outra boa ocasión cun remate de cabeza e coa entrada desde o banquiño de Iker os capitalinos xeraron máis ocasións, aínda que o encontro foi á prórroga. No minuto 104 chegou o tanto da remontada, obra de Román tras un saque de banda. O Castroverde lanzouse a polo gol que volvera a nivelar a eliminatoria, pero a Piringalla sentenciou cun golazo pola escadra de Juan desde fóra da área

Jorge marca no minuto 119 e desata a euforia no Santa Comba (1-3). Encontro moi disputado sobre o céspede de Centeás. O Sober, que defendía unha renda dun tanto do partido de ida, comezou mellor, levando a iniciativa ata o ecuador do primeiro tempo. O Santa Comba realizou algunha modificación táctica e neutralizou os ataques locais e chegouse ao intermedio sen goles. No segundo tempo adiantouse o cadro visitante ao transformar Leandro un penalti. Non tardou o Sober en igualar a contenda por medio do killer Martín tras aproveitar un erro defensivo. Os minutos pasaban e o Sober aguantou o empurre do Santa Comba ata que no minuto 96 Borja volveu a poñer por diante aos visitantes e mandou o partido á prórroga. Os de Richard amosaron un mellor tono físico no tempo extra aínda que calquera dos dous conxuntos contaron con ocasións para marcar. O gol da vitoria do Santa Comba chegou cando xa parecía que a tanda de penaltis era inevitable. Braian conectou con Jorge e este batiu ao porteiro local cun gol que outorgaba un ascenso ao cadro lucense.



torneo delegación

Grupo 1. Cazás – Catro Roldas (2-1). Primeira metade parella, escasa de ocasións de gol. Adiantouse o Catro Roldas cun tanto de Adil antes do intermedio. No segundo tempo o Cazás estivo mellor e deulle a volta ao marcador e contou con bastantes ocasións. Un tanto en propia porta e un golazo de Héctor culminaron a remontada.

Grupo 1. Comercial B – Casás (1-3). Triunfo dun Casás que non estivo ao seu mellor nivel. Adiantou aos visitantes Alberto ao transformar un penalti cometido sobre Maira. Decimonoveno xogador do Casás que marca un gol nesta temporada. No segundo tempo ámbolos conxuntos tiveron ocasións, pero os tantos non chegaron ata o último cuarto de hora. Brais Pin ampliou diferencias para o Casás tras unha boa asistencia de Brayan. Torito recurtou diferencias para a Comercial B desde o punto de penalti e só dous minutos máis tarde Fonseca sentenciou o choque para os visitantes.

Grupo 3. Relámpago Taboada – Páramo (0-4). Saída fulgurante do Páramo que antes de cumprirse o minuto dez de xogo xa gañaba por tres goles. Un doblete de Juan e Julio puxeron en clara vantaxe aos visitantes. Joni completou o marcador á media hora de encontro. O Relámpago mellorou co paso dos minutos e estrelou varios balóns no pao cun Ezzahir como xogador máis perigoso. Malia todo o Páramo non pasou apuros para acadar o triunfo.



Grupo 4. Bóveda – Rubián (0-2). Dous tantos a balón parado déronlle a vitoria ao Rubián. Víctor antes do descanso e Miguel no segundo tempo marcaron para o conxunto que adestra Senén López. O encontro careceu de intensidade e sucedéronse as ocasións para os dous equipos sin que ningún deles lograra máis tantos.

Foto de portada: Facebook Veteranos Futgal Lugo Grupo Provincial.

Piringalla e Santa Comba danlle a volta á eliminatoria e son de Segunda

Catro equipos para 1 posto de promoción

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *