#Fútbol afeccionado #Preferente Futgal

O partido da xornada . . . Viveiro C.F. – S.D. Outeiro de Rei: final anticipada pola permanencia

Dúas realidades distintas, dous equipos que comezaron o ano con obxectivos distintos, pero que con máis de media liga gastada teñen que afrontar un reto común: a permanencia en Preferente Autonómica. O vindeiro domingo día 4 de febreiro, ás 16:30 horas, Cantarrana será o esceario dun enfrontamento cara a cara entre Viveiro C.F. e S.D. Outeiro de Rei, por acadar tres puntos que poden ser de ouro.

O Viveiro chega a este partido nunha situación moi delicada. Penúltimo na clasificación con 20 puntos, non coñece a victoria nos últimos sete partidos, sumando só dous puntos en todos eles. Malia iso, a imaxe do equipo no último mes non foi mala, mellorando o fútbol realizado e cedendo os puntos nuns últimos minutos dos encontros que lles están a resultar fatídicos, como lle sucedeu en Castro ou ante o Arteixo. No último partido, os de Chusky perderon 3-1 no campo do Boimorto. Para Arturo, dianteiro do Viveiro «fixemos unha primeira parte boa, na que fumos superiores pero non acertamos as ocasións que tivemos, e eles aproveitáronse dos nosos erros«. O encontro ante o Outeiro de Rei «é moi importante, como o son todos os que nos quedan. A nosa mentalidade é afrontalos partidos a tope para poder saír desta situación» declara o viveirense, que pese á súa xuventude é un dos puntais dos de Cantarrana. Para él «o equipo merece unha alegría, xa que, os resultados non reflexan o bo traballo que estamos a facer durante a semana, un par de partidos gañando reforzaría a nosa confianza«. O rival do domingo «darao todo para intentar salvala categoría, levan moito tempo xogando xuntos e coñécense moi ben«, afirma Arturo.

Arturo, un dos homes de máis presente e futuro do Viveiro

O Outeiro de Rei é o pechacancelas da categoría con tan só 12 puntos. Conta os seus últimos seis encontros por derrotas e o partido de Cantarrana pode ser unha das súas últimas balas. Para Jorge Pereira, dianteiro do conxunto que dirixe Juan Peón «é un partido moi importante pero non unha final, a Preferente é moi longa e todo pode dar moitas voltas, pero é clave cambiar esta dinámica na que estamos na que todo é negativo. Malia competir ben, ás veces por mala sorte, partidos que temos encarrilados rematámolos perdendo«. Para o ariete lucense «a Preferente é unha categoría moi complicada onde calquera pode gañar a calquera, por exemplo, o pasado domingo puxemos en apuros ao Paiosaco, polo un resultado positivo significaría revertila dinámica e daría un xiro a nosa situación«. Sobre o rival, Pereira di que «son un equipo que teñen xogadores con moita experiencia e que están moi curtidos na categoría, e saberán xestionar ben a presión que teñan por xogar ante nós«.

O Outeiro de Rei tentará que o encontro en Cantarrana sexa un punto de inflexión
 En Cantarrana, así como en tódolos campos da provincia, gardarase un minuto de silencia na memoria de Manuel Díaz Souto «O Neno», presidente de honra da Comercial.


ESTE FIN DE SEMANA TAMÉN PODES VER . . .

Preferente Autonómica



Atlético Escairón – C.D. As Pontes (Domingo ás 16:30 h. no Municipal do Saviñao): os locales, logo de cinco encontros sen gañar, queren reencontrarse cun triunfo que os alonxe dos postos de descenso. O rival é un galiño, As Pontes, terceiro na clasificación co ascenso entre cella e cella.

Ribadeo F.C. – Boimorto C.F. (Domingo ás 17 h. no Pepe Barrera): Os de Fiz queren prolongala súa boa dinámica de resultados. Reciben a un rival incómodo como é o Boimorto, instalado na zona media da táboa.

Criss, referencia ofensiva do Ribadeo, será baixa por acumulación de tarxetas ante o Boimorto
[themoneytizer id=»15360-4″]

 

Primeira Autonómica

Sporting Pontenova – A.C.D. Xermade (Domingo ás 16:15h. na Mina): Encontro importante na pelexa pola permanencia. O Sporting, coa baixa de Jorge Moirón, precisa a victoria pra non entrar en problemas serios e o Xermade, nun bo momento, aspira a saír dos postos de descenso.



S.D. Santaballés – Club Lemos (Domingo ás 16:15 h. na Liga): os chairegos, reis do empate, situados na zona cómoda da clasificación tentarán sumar tres puntos ante un Lemos ferido logo de ceder un empate na Pinguela ante o Ferreira.

O Santaballés recibe ao Lemos, un dos favorito ao ascenso

Segunda Autonómica

U.D. Folgueiro – E.D. Lourenzá (Domingo ás 17 h. no Municipal de Viveiro): os do Vicedo chegan logo de caer derrotados ante a S.D. Burela logo de sete encontros invictos. Porán a proba a gran racha dos de Diego Rego, que non perden desde a xornada 4 e ocupan posto de ascenso.

Guitiriz S.D. – S.D. Candelaria (Domingo ás 16:15 h. no Suso Cruz): os de Delfín Romero cederon o liderato logo de caer derrotados os tres últimos encontros e non quererán deixar máis puntos polo camiño, pero o Candelario non llo porá doado. Os de Rúa gañaron os catro últimos encontros e abandoaron os postos de perigo.

S.C.D Santa Comba – S.D. Chantada B (Domingo ás 16:15 no Tras do Novo): os lucenses son terceiros e aspiran a ocupar postos de ascenso tras catro xornadas gañando. Reciben precisamente ao segundo clasificado, o filial chantadino, que nas últimas xornadas está a ser irrugular.

Terceira Autonómica

O Incio Terra Brava C.F. – C.D. Goiriz (Sábado ás 16:15 no Carboeiro): dous dos equipos que comezaron con mellor pé a promoción de ascenso. O gañador dará un paso importante de cara ao obxectivo.

O Goiriz buscará os tres puntos no Carboeiro

 

 

Bo papel das Seleccións Lucenses SUB 12

O partido da xornada . . . Viveiro C.F. – S.D. Outeiro de Rei: final anticipada pola permanencia

Marino (C.D. Castro): «Imos dar guerra ata

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *