A temporada achégase de forma irremediable ao seu fin. O Torneo Delegación xa coñece aos seus finalistas. Páramo e Casás xogarán por facerse co trofeo este domingo día 26 ás 17 horas no Municipal do Corgo.
As semifinais amosaron o que xa se viu na liga regular e os catro conxuntos que ascenderon de forma directa chegaron ás semifinais, onde os locais foron superiores aos visitantes.
Analizamos o Páramo – Celta Barreiros e o Casás – Rubián.
A efectividade do Páramo destroza a un bo Celta Barreiros (4-0)
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/concelloguitiriz.gif)
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/PlayaCova-1.gif)
Encontro de alto nivel entre os dous campións de grupo na liga regular. O Celta Barreiros comezou moi serio e xerando boas xogadas de ataque que se traduciron en ocasións. Os mariñáns erraron un man a man aos cinco minutos que o Páramo respostou cun gol, obra de Borjita á saída dun córner. Os pupilos de Rubén Acebedo estrelaron un balón no pao e chegaban con frecuencia á portería rival, aínda que sen acerto. Sobrepasada a media hora de xogo, Juan fixo o segundo. O gardameta local Marquitos erixiuse no heroe ao deter un lanzamento de penalti e impedir que o Celta se achegara no marcador. Na seguinte xogada o Páramo deixaba o encontro visto para sentencia cun gol de Platas.
Na segunda metade o Celta Barreiros saiu en tromba na procura de darlle a volta ao marcador. Sen embargo, os celestes non tiveron a claridade de ideas dos primeiros corenta e cinco minutos. A boa defensa local e o baixón físico impedírono. José, nunha boa xogada individual fixo o cuarto tanto.
Xogadores máis destacados: Marquitos e Borjita (Páramo); Brais Nonide (Celta Barreiros).
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2025/01/resolucionconcorrenciadeputacion1.gif)
O Casás amosou a súa mellor versión para derrotar ao Rubián (3-0)
Dun choque de primeiros de grupo a outro de segundos. E non foi menos espectacular, iso que os goles tardaron en chegar. Os visitantes contaron cunha clara ocasión que salvou Raúl nada maís comezar o partido, e apenas foron quen de voltar a inquedar as inmediacións da área lucense. O Casás, co paso do minutos, foi medrado co balón ata ter o encontro controlado, pero faltoulle profundidade para acadar o premio do gol.
Tras o paso por vestiarios o encontro igualouse. O Rubián quixo levar a iniciativa, aínda que sen chegar a xerar ocasións, e o Casás tivo que agardar para voltar a ser protagonista. A falta de quince minutos para o final, unha acción individual de Sami rematou co tanto deste. Sen tempo para a reacción dos de Senén López, chegou o segundo. Herrero, cun lanzamento desde a frontal, superou a Casillas. Xa co tempo cumprido, Pablo culminou unha rápida contra para facer o terceiro.
Xogadores máis destacados: Herrero (Casás); Iván (Rubián).
Foto de portada: Veteranos Futgal Grupo Lugo Provincial
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/12/senmas3.jpg)
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/05/WhatsApp-Image-2024-05-21-at-18.12.32.jpeg)