#Fútbol afeccionado #Primeira Futgal

Palabra de… Julio Castro: «Palabra de míster, sentimento de amigo»

Felipe Varela, do Valadouro, sufriu una importante lesión no tendón de Aquiles que lle obrigará a estar un tempo parado. Hoxe publicamos unas palabras do adestrador do Valadouro, Julio Castro, dedicadas ao seu dianteiro!

Coa tempada pasada xa empezada o noso presi fixome unha pregunta «¿queres a Felipe Varela?». A verdade é que a resposta era simple, en toda a Mariña e tamén fóra da Mariña se quería fichar a Felipe. Nunca coincidiramos como compañeiros nin siquiera habíamos cruzado nunca unha palabra entre nós, así que as referencias que tiñamos un doutro eran por terceiras personas, opinións que especialmente no mundo do fútbol son bastante sesgadas.

Reuninme con él, e creo que en 5 minutos conectamos e vimos que tanto un como outro queriamos o mesmo, disfrutar do fútbol. Moito se falou dos motivos da sua fichaxe por nós, pero este rapaz tiña mui presente o seu anterior paso polo Valadouro, o cariño pola xente que aquí coñeceu, a devoción por Luis «o lindo»… sei de primeira man o que renunciou cando deu o paso de fichar por nós e estaba claro que existía un compoñente «romántico» na sua decisión.

Falamos de ir pouco a pouco, tratando de recuperar esa rodilla que tantos quebraderos de cabeza lle daba e lle seguirá dando. Pero Felipe é Felipe, especial, único e irrepetible, as primeiras semanas de estar con nos entrenamos en solitario aproveitando as horas libres que tiña do traballo, e o primer venres ao ver que non completabamos convocatoria xa pediu ir convocado pola imaxe de ser poucos no banquillo, pero sin xogar. Ese domingo co partido resolto o noso favor xa pedía xogar un pouco, «eu controlome non te preocupes» dicía.



Pasaron partidos onde xogou sen molestias, os menos, e pasaron partidos donde xogaba moi limitado con dor, moitas veces dor extrema, pero sempre sudando sangue polo equipo intentando contaxiar ese espíritu ganador a todos. Con todo o que leva xogado e vivido fai duas semanas me decía «explicame eso de novo, quero seguir aprendendo».

Eso plasma quen é este estupendo rapaz, impetuoso, impulsivo, visceral na mesma medida que honesto, currante, leal e un tipo «cojonudo», dos que merece moito a pena conocer.

Agora toca lidiar cunha lesión importante Feli, e esa rodilla agradecerá o descanso. Todos sabemos que sairá como mereces, e cando volvas será con máis forza. O Valadouro estará esperandote de brazos abertos, conmigo ou sin min, seguro, e eu estarei encantado de volver a ter esas chamadas despois de partido para desafogarnos, esas discusions elevadas de tono, esas cenas nas que tamen destacas…



Cuidate e deixa que te cuide ese papá que tanto sufre contigo polos campos adiante e esa moza que é quen mellor te marca e que tanto ben te fai.

A xente boa merece cousas boas, ánimo Feli.

[themoneytizer id=»15360-16″]

Palabra de… Julio Castro: «Palabra de míster, sentimento de amigo»

As nosas redes falan!

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *