Póñome diante do ordenador, como tantísimas outras veces ó largo do ano, pero esta vez para falar do que máis me gusta, o fútbol.
Todo xurdiu como o fan as boas ideas, é dicir, entre amigos en nun bar.
E aquí estamos, a punto de dar o pistoletazo de saída a unha nova tempada no fútbol lucense con moitísimas novidades e atraccións. Por agora seguimos na pretempada, esos días de entrenos e máis entrenos, de correr sen que seña detrás dun balón, de perder os fines de semana por triangulares e amistosos e de sudar a gota gorda a 30ºC…
Todo isto lévame a pensar nos sacrificios que, en maior ou menor medida, facemos a xente relacionada co fútbol (xogadores, entrenadores, árbitros…), ou con calqueira outro deporte, que aquí non somos especiais. ‘Sacrificios‘. E vai entre comiñas xa que considero que cando estás facendo algo que che gusta o dos sacrificios é algo relativo. Porque parece que todo o anterior só merece a pena se chegas a xogar no Barça ou no Madrid, ou polo menos acadas o fútbol profesional.
Pero toda a xente que pensa esto equivócase. Completamente ademáis. Porque, eu, que estou a anos luz do que é un futbolista profesional, alégrome de todos os sacrificios feitos ó largo destos 17 anos xogando a fútbol e, se tivera a oportunidade de volver atrás e poder decidir se cambiar algo, non o faría nin tolo. Porque, botando a mirada atrás e recapitulando os mellores momentos e sensacións que tiven a sorte de disfrutar, as dificultades que tiven que superar, as mellores persoas que coñezo e coas que comparto e compartín a miña vida durante estos 22 anos… foron un regalo (directa ou indirectamente) do fútbol.
Todos coñecemos os beneficios dos deportes colectivos e o que poden aportar a unha persoa, pero o que digo eu vai máis alá, porque se no meu caso quitaramos o fútbol, a miña vida tería sido completamente diferente o que está sendo. E non teño ningún tipo de interés en cambiala.
Así que, con intriga a ver que ascensos, descensos, pichichis e zamoras depara esta tempada, despídome de vós invitándovos a ‘sacrificarvos’ polas vosas paixóns xa que, como digo, á larga non o veredes como sacrificios e si como boas decisións. Un saúdo a todos os que ‘se quedan’ e vémonos polos bares/campos.