![](http://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2019/11/CASTRO-DEPOR-B-4-1-1070x713-300x200.jpg)
A maioría da xente que se inicia neste mundo, comeza dende moi pequeno. Ir ao colexio, instituto… e tódolos días estar desexando rematar as horas de estudo, para poder ir adestrar, e poder gozar de pegarlle unhas patadas a un balón ou no meu caso agarralo cas mans. Cando eres un cativo, normalmente adestras 3 ou 4 días á semana máis o fin de semana co partido. E como non, intentas ir todos os días; sempre e cando mamá e papá poidan levarte.
Nos inicios, ata a etapa de xuvenís, mentres que un estuda goza de máis liberdade á hora de asistir os adestramentos e adicarte a este deporte. Unha vez pasada esa etapa as tornas cambian, a situación coa que nos encontramos é a de ser capaz de conciliar a vida universitaria laboral e familiar con este deporte. É dicir toca asumir unhas responsabilidades na túa vida.
No meu caso ao rematar a etapa de xuvenís decidín seguir cos estudos. O cal permitíame poder adestrar tódolos días sen problema. Vía como compañeiros non asistían por traballo, chegaban tarde ou estaban pendentes do móbil por teren responsabilidades laborais… E nese momento non era consciente do esforzo que lles podía supoñer.
Actualmente vivo en primera persoa esa situación, o cal xa non me permite adestrar tanto como me gustaría, e doume conta do que conleva manter unha afección e un traballo. O que comeza como un hobby convértese nunha forma de vida, pola cal fas todo o posible por adicarlle un tempo á semana. En moitas ocasións non é doado deixar este deporte de lado. E ás veces botas de menos adestrar tanto ou en certos casos volver ao campo. En xeral, todos compartimos moitas situacións entre compañeiros e non chegamos a valorar os esforzos que facemos por ir adestrar ou estar o fin de semana no terreo de xogo.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/concelloguitiriz.gif)
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/PlayaCova-1.gif)
Un saudo a tódolos estudantes, traballadores, e amantes deste deporte. Grazas a FutbolinLugo por todo o traballo que fan semana tras semana.
Adrián Yebra Cornide. Porteiro do Pol, o neno que choraba no Carranza.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2025/01/resolucionconcorrenciadeputacion1.gif)