Chámome Samuel Pernas Álvarez, tamén coñecido como ‘Chumi’. Comecei adestrando categorías inferiores do San Ciprian (alevín, infantil e cadete) e este ano pasei adestrar ao primeiro equipo. Teño que recoñecer que estou moi orgulloso dos meus xogadores. Aínda que temos estudantes fóra, somos sempre 15, 16 ou 17 para adestrar. Incluso os que estan fóra buscaron algún equipo para adestrar alí, e iso agradéceo o equipo e eles mesmos. Tamén a intensidade que poñen no adestramentos incluso aqueles que non debutaron aínda. Ademais dos xuvenís que temos como Borja García, ‘Roscas’, Jairo o Abraham; como exemplos.
En referencia aos partidos que vin, os dous primeiros deixamos unha moi boa imaxe. Penso que puidemos sacar máis puntos pero non tivemos sorte. No terceiro partido contra o Pol non estivemos ao nivel. E tamén notouse a experiencia de Iván González e Carlos Yáñez, ‘Carlitos’. Despois, contra o Outeiro de Rei, un equipo que a verdade xoga moi ben, fixemos un partido moi serio no que tivemos a sorte que non tiveramos nos dous primeiros para sacar os tres puntos.
Por último, quero contar unha cousa no que estou dacordo co meu amigo Adrián Losada Sánchez, ‘Moras’. Sempre me dixo; ¨Chumi o fútbol acábase¨, polo nivel que hai neste momento.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/concelloguitiriz.gif)
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/PlayaCova-1.gif)
Samuel Pernas ‘Chumi’. Segundo adestrador do San Ciprián.