O Polvorín conseguiu gañar na xornada de derbis lucenses na Terceira RFEF por 0-4 ante a Sarriana. Os de Álex Ortiz conquistaron A Ribela a base dunha boa presión e transición ofensiva. Cos tres puntos da última xornada no peto, o filial albivermello ten a permanencia virtual, inda que para asegurala matemáticamente necesita un punto máis nas tres xornadas que restan no campionato. A primeira oportunidade terana nun novo duelo provincial ante o Viveiro ás 19.00 horas.
O protagonista do encontro desputado en Sarria foi un Padín estelar cun doblete no que ambos goles foron dende o balón parado. O extremo do Polvorín pasou polos micrófonos do Ser Deportivos Lugo desta semana e enfrontouse ás preguntas de Álex Gato, presentador do programa, e Eros López, redactor de Futbolinlugo. Na entrevista falaron do último encontro, o tramo final da tempada, o tres adestradores que tiveron e o derbi deste domingo.
Último encontro: «Foi un partido moi importante para nós porque viñamos dunha mala xeira. Rompela cunha goleada e inda por riba ante un equipo de tanta entidade coma a Sarriana tanto para nós como para o corpo técnico é un motivo de alegría».
«O Polvorín competirá ata o final»
Tramo final da tempada: «O equipo seguirá competindo xa que todos temos a oportunidade de poder subir ao primeiro equipo para axudarlles nas últimas xornadas. Continuaremos dando todo de nós mesmos para gañar os encontros que quedan ante rivais que se xogan tanto a promoción coma a permanencia».


Tres adestradores do Polvorín: «Persoalmente, cando cheguei a Lugo Dani Galán foi quen me recibiu e tacticamente aprendín moito. David Páez quere moita organización defensiva e Álex Ortiz é todo o contrario, xa que se basa no ataque. De todos os adestradores se pode sacar moita aprendizaxe».
Derbi ante o domingo: «Desde o mércores sabemos que o Viveiro vén con todo para acadar tres puntos que lle axuden a lograr a permanencia. Nós queremos tamén gañar e así o demostraremos no campo».
Foto CD Lugo Canteira.
