O Lemos está loitando por facerse coa praza de ascenso directo á Terceira RFEF no grupo sur da Preferente. Os monfortinos acadaron unha boa vitoria ante o Choco por 0-2, logrando tres puntos que lles permiten seguir consolidándose como un dos favoritos por estar, como mínimo, na promoción de ascenso. Pese a que tiveron grandes oportunidades, todo puido cambiar cun penalti en contra. Pero Pablo Losada conseguiu paralo para manter a súa portería a cero.
A tempada de Losada está indo da man do que que conseguir o Lemos. O porteiro monfortino pasou polos micrófonos do Ser Deportivos Lugo desta semana e enfrontouse ás preguntas de Sara Meijide, presentadora do programa, e Eros López, redactor de Futbolinlugo. Na entrevista falaron do anterior encontro, o soño de devolver ao Lemos á Terceira RFEF e a situación do vestiario da Pinguela.
Entrevista a Pablo Losada, porteiro do Lemos
Anterior encontro: «Os penaltis son o único momento no fútbol onde o porteiro só pode gañar. Este ano xa parei dous. O encontro foi trabado, pero aproveitamos un erro para adiantarnos. Foi moi pechado, pero logramos sentenciar».
Posible ascenso do Lemos: «O obxectivo é a promoción e polo de agora estámolo cumplindo. Miraremos cara arriba en canto o teñamos pechado, pero ao só subir un directo é algo moi complicado. Ogallá se dese. Hai moita ilusión na cidade e podemos competir, pero hai moitos factores que xogan. Na segunda volta xa coñecemos a todos os rivais. Se o fútbol fora xusto, levaríamos máis puntos dos que temos».

Grupo humano do Lemos: «Este ano perdimos a xente importante de Monforte de Lemos, pero suplimolo ben. Temos un núcleo duro de aquí e logo xente de Sarria, Lugo ou Ourense. Temos un vestiario moi ben composto.».

