Óscar Moure, director deportivo do Lemos

Óscar Moure (Lemos): «Decantámonos por Marquitos porque coñece o club»

Despois de seis encontros nos que non puideron sumar a vitoria, o Lemos tomou unha decisión que extrañou a moitos por como estaba sendo a tempada. O conxunto monfortino decidiu prescindir dos servizos de Edu Rodríguez como adestrador despois de que, na pasada tempada na Preferente, lles dese a permanencia. Agora, o rumbo cara entrar na promoción terá que levalo Marquitos, que este tempada entrena tamén ao Ourense CF xuvenil.

O Director Deportivo do Lemos, Óscar Moure, pasou polos micrófonos do Ser Deportivos Lugo desta semana e enfrontouse ás preguntas de Juan Carlos Rodríguez, presentador do programa, e Eros López, redactor de Futbolinlugo. Na entrevista falaron de por que se produxo o cambio de adestrador e o que vai dar Marquitos ao equipo.

Entrevista a Óscar Moure, director deportivo do Lemos

Decisión de cambio de adestrador: «É unha decisión complexa porque era un proxecto encabezado por el e por xogadores firmados para o seu estilo. Si que é verdade que esta mala xeira na que non logramos vitorias foi importante para tomala».

Obxectivo do ascenso e mensaxe para a afección do Lemos: «O Lemos traballaba como un equipo profesional na Preferente, hai que coller todas as cousas boas que deixa Edu. O ascenso non foi a prioridade, se non que era desputar o play off. Levamos anos salvándonos de forma agónica e queríamos dar un paso adiante que se está vendo. Pedimos tranquilidade, sabemos que nos esixen todos os fins de semana e eso tamén nos fai traballar moito máis para que estean contentos».

Marquitos: «Decantámonos por el porque coñece o Lemos. Estivo catro anos na base xogando a División de Honor co Calasancio. Queríamos alguén que xa coñecese o club e que puidese traballar desde o comezo».