#Fútbol afeccionado #Segunda Futgal #Terceira Futgal

Os onces dos oitavos da Copa 2019 (2ª e 3ª Rexional)

A Copa 2019 de Segunda e Terceira Rexional xa abre camiño cara os cuartos de final. Oito equipos quedan no xogo. Logo de cinco quendas de penaltis. Delas saíron vencedores os dous únicos equipos da Terceira que se manteñen. Un deles estará seguro nas semifinais. O Lemos B e o Antas xogan entre eles. Dous dos equipos máis en forma da Segunda tamén están nos cuartos. O Roupar e o San Lázaro presentan a súa candidatura.

Na zona norte, o Roupar venceu ao Folgueiro nunha das eliminatorias, a priori, máis igualadas. Por calidade e polo que ambos equipos demostraron na fase regular. O cadro xermadino acertou máis nos penaltis do pasado venres ante o Guitiriz. Na reanudación do xogo tamén empataran sen goles. O pase encadrounos co conxunto do Vicedo ao que venceron no tempo regulamentario. O rival do Roupar será o Meira. O cadro meirego continúa na súa boa xeira. Desfíxose dos dous equipos do Derbi da Horta. Desta volta derrotou con remontada ao Mondoñedo. O último partido como adestrador de Israel Cruz. Logo de cinco campañas deixa o cadro mindoniense.

A outra eliminatoria da zona norte saíu dos penaltis. O Cabreiros xogarase o pase ás semifinais coa Comercial. O conxunto xermadino empatou ao límite o seu encontro ante o Goiriz cun gol de Beto. Logo tiveron maior acerto dende os once metros. Podería haber derbi local nas semifinais. Tamén contou con acerto a Comercial. Despois de que o Cazás empatara nos intres finais o seu gol inicial. Finalmenteo gol de Marcos non foi suficiente.



Na zona sur, só o Palas resolveu a súa eliminatoria nos noventa minutos. Venceu nos Medos ao Brollón. O cadro local amosouse moi descontento coa actuación arbitral. O seu rival nas semifinais será o San Lázaro. Duelo entre dous equipos que quedaron ás portas do ascenso á Primeira. O conxunto da Ponte vén de superar noutro partido de altura ao Guntín no Ladairo. O cadro celeste púxose 0-2. Os laranxas conseguiron igualar. Os penaltis ditaron sentencia.

A outra eliminatoria fórmana dous equipos da Terceira Rexional que tamén avanzaron nos penaltis. O Antas igualou a dous goles co Bóveda. Un encontro de alternativas que se terminou desequilibrando nos once metros. Pola súa banda, o Lemos B pasa aos cuartos logo de derrotar nos penaltis ao Oural. Non se moveu o marcador no tempo regulamentario.



Os onces dos oitavos da Copa 2019 (2ª e 3ª Rexional)

Diario dun Mercado. Episodio 102

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *