Os Máxicos encaran a recta final da temporada
-
- 0
- 6min de lectura
Os Máxicos Salvatierra Abogados disputaron outra xornada chea de emoción, na que o líder estivo a piques de deixarse puntos e o Monterroso sorprendeu ao Castro, entre outras cousas.
Unha mala versión do Burela gaña en inferioridade diante do San Lázaro (1-3). A pesares de que o duelo se puxo de cara para os Máxicos celestes, que anotaron o 1-0 nunha pena máxima que supuxo a expulsión de Yeray, o cadro de Oke foi quen de darlle a volta ao marcador. O 1-1 chegou cun balón ás costas antes do tempo de lecer, o 1-2 —xa na segunda metade— cun centro que culminou Chao tras unha bonita parede por banda, e o 1-3 cun balón largo no que Jairo Campo gañou a vantaxe sobre a liña defensiva local e definiu con mestría.
A Residencia sufre para gañar na Pastoriza (0-1). O estado do campo condicionou o xogo, moi trabado e sen opcións para ningún ao longo da primeira metade. Os locais, apremiados na táboa, controlaron os primeiros intres do segundo tempo, pero Kanuto ou Borja non acertaron na definición e foi Esteban o que non pedoou á saída dun córner para poñer o 0-1. Co gol visitante, os Máxios de Juanma volcáronse na procura dun empate que non chegou e a Residencia —na que debutaron os xuvenís Alesito e David— puido sentenciar en varios contragolpes nos que non estivo atinada.
A Milagrosa segue viva logo de gañar ao filial do Arenteiro (2-1). Os goles dos locais Rafa e Marco na primeira media hora encarrilaron un choque que se complicou co gol dos do Carballiño xusto antes do descanso. Porén, e pese á xuventude do cadro, os de Madriles tiraron de oficio e conseguiron levar ao seu terreo a segunda metade. Juan puxo o 3-1 pouco despois da reanudación e, co marcador favorable, os Máxicos albivermellos reduciron as opcións de meterse no partido para o cadro verde para que os tres puntos —dun valor inmenso— quedasen na Frigsa.
Meira e Xove protagonizan un partido tolo (4-4). A primeira parte, con alternancia no dominio e ocasións claras para ambos conxuntos, saldouse cun resultado de 2-2. Alonso anotara dous goles de falta directa, mentres que o. O comezo da segunda metade foi dominado polo Xove, que aproveitou un erro local en saída de balón e outra xogada illada para poñerse 2-4. Porén, os de Rubén Bergantiños non se rendiron, Farra fixo o 3-4 no 70′ e —co seu particular dobrete— puxo o empate na recta final. Os locais puideron completar a fazaña no engadido, pero Alonso errou na definición. Ao final, 4-4 na Lomba.
O Outeiro de Rei perde diante do Chantada Atlético nun duelo igualado (0-1). A primeira parte foi dominada polos Máxicos do cadro local, que gozou das ocasións máis claras diante dun cadro chantadino que non se sentiu cómodo en ningún momento. Porén, no descanso chegaron as correccións de Fer Corredoira para levar o duelo a un fútbol máis combinativo logo de gañar as disputas e, con elas, o gol visitante chegou logo dunha boa acción cun centro lateral e remate de Dani.
Co gol, o Outeiro procurou o empate, mentres que os Máxicos atléticos puideron sentenciar un choque que non estivo exento de polémica, pois os locais reclamaron un penalti sobre Ily e unha previa expulsión ao visitante Marzán.
O Guntín supera ao Lourenzá pola mínima (1-0). Logo dun duelo moi pechado, con dous equipos que procuraron minimizar os erros defensivos, os Máxicos laranxas levaron o premio final cun gol de Borja no tempo engadido. Coa victoria, o Guntín afasta a zona de perigo, mentres que os visitantes mantéñense na loita.
O Monterroso colle aire diante do Castro (2-1). Segunda victoria consecutiva dun Monterroso que se engancha á zona de salvación. O estado de Cerdeiriños condicionou o xogo de ambos conxuntos e, aínda que o Castro conseguiu adiantarse. No primeiro minuto da segunda metade, un balón ás costas da defensa visitante supuxo o empate de Gabi, e os vermellos remontaron o choque nunha falta lateral para deixar tres puntos de ouro en casa diante dun Castro cuxos Máxicos se mostraron erráticos de cara ao gol.
O Taboada imponse a un Racing Villalbés ‘B’ que sufriu tres expulsións (3-1). A pronta expulsión do visitante Adri condicionou a un filial chairego que se viu superado polos Máxicos locais ao longo da primeira metade. Tanto foi así, de feito, que o resultado ao descanso era de 2-0. Na segunda metade, porén, os chairegos deron unha gran mostra de carácter e apretaron moito aos seus rivais. Denis recurtou diferenzas de falta directa e, desde o 2-1, os de Iván Lamas buscaron con insistencia un empate que non chegaría, posto que Mosky matou o choque nun contragolpe no engadido, 3-1.
Ao longo do choque, os chairegos mostráronse moi amolados cunha arbitraxe que ensinou tres cartóns vermellos e sete amarelos polo lado do Racing, e tres amarelos polo lado local.
Foz e Santaballés asinan unhas táboas que denotan o seu semellante nivel (0-0). Partido vistoso pese ao resultado sen goles no Martínez Otero. Os Máxicos de ambos conxuntos procuraron estar organizados na primeira media hora de xogo, pero un tiro de Moreda, unido a unha acción do visitante Vérez e outra de Martín abriron o contador de ocasións antes do descanso.
Na segunda metade o choque foi moito máis abertos, con numerosas ocasións para ambos. A máis clara do Foz foi sacada por Serra baixo paus, mentres que Play e Xoán non tiveron sorte nos seus remates. Tampouco Dani foi quen de anotar no man a man do que dispuxo no 95′ para dar a victoria ao Santaballés, polo que os puntos se repartiron en Foz.
A SD Chantada supera a un Oural moi mermado (5-1). As baixas condicionaron a un Oural que competiu moi ben no Sangoñedo e contivo á SD Chantada nos primeiros 40 minutos. De feito, o gardamallas visitante Adri convertiuse nun dos protagonistas da xornada, pois anotou o 0-1 no 20′ desde a súa propia portería. Os Máxicos locais, porén, reaccionaron ben: empataron pouco despois e fixeron o 2-1 antes do descanso. Xusto á volta dos vestiarios, os de Traste aproveitaron o resultado favorable para gustarse e anotar tres goles máis, así que os puntos quedaron na casa.