Os Máxicos comezan o curso 2025/2026

Unha nova temporada comeza para os Máxicos. A Primeira Futgal, que divide aos clubes lucenses en dous grupos, deu o pistoletazo de saída o pasado domingo na nosa provincia. Todos os competidores loitaron arreo para sacar o mellor resultado posible, aínda que os marcadores deixaron máis satisfeitos a uns que a outros.

O Foz paga a peaxe da volta de David ao Monterroso (3-0). Aínda que os mariñáns fixeron unha boa posta en escea, o Monterroso quere facer da súa casa un fortín e aproveitou as súas oportunidades para chegar con boa renda ao descanso. David fixo o 1-0 cun latigazo coa súa perna esquerda e, malia que o Foz estrelou un balón na trave pouco despois, o extremo de Rodeiro fixo o 2-0 antes do tempo de lecer nunha acción semellante. Antes dos goles, os Máxicos de Pelayo protestaron un gol que lles foi anulado por fóra de xogo.

Na segunda metade foi o Foz quen levou a iniciativa pero, logo de errar dúas ocasións claras, o Monterroso impuxo o seu ritmo e evitou sobresaltos. No engadido, Gabi sentenciou co definitivo 3-0 para deixar os tres puntos no feudo vermello.

O Chantada Atlético e o Guntín asinan táboas nun vibrante duelo (2-2). Os Máxicos visitantes tiñan o dominio do coiro, mentres que os locais fixeron dano con contragolpes. Nun deles, Pandiani deu un pase moi atinado para que César fixese o 1-0. Porén, o Guntín repúxose rápido do gol rival e empatou cun disparo cruzado logo dun pase filtrado. O 1-2 chegou pouco despois, nunha falta directa botada por Andrés.

Xa na segunda metade, o Chantada Atlético logrou facer o 2-2 por medio de Ivi, logo de aproveitar un gran pase de Ovenza. A partires de aí, o cansancio fixo mella en ambos cadros e o marcador non se voltou mover no Sangoñedo.

O Lourenzá cae con moito orgullo diante da Residencia (0-1). Os branquiazuis tiñan o dominio do coiro, pero os mariñáns ameazaban con contragolpes de moito perigo. Especialmente na segunda metade, cando o cadro de Rubén foi quen de chegar con perigo á área rival, incluso enviando un balón ao longueiro.

Porén, os Máxicos de Rafa Casanova aproveitaron un saque de esquina botado con rapidez para sorprender á defensa local e anotar o único gol do encontro, obra de Mauro Busi. Así, a Residencia levou tres puntos de ouro cara Lugo.

Os Máxicos da Milagrosa volveron ao grupo «lucense» logo da súa aventura por Vigo.

O Iberia gaña en Santaballa no seu retorno á Primeira. Foron superiores os de Moro na Liga ao longo do primeiro tempo. De feito, gozaron de ata catro ocasións claras para adiantarse, pero non estiveron atinados na área rival.

Na segunda metade, logo dos axustes realizados polo Santaballés, foron dominadores os chairegos: o perigo rondou a meta mariñá, pero a efectividade brillou pola súa ausencia no feudo branquiazul. Co paso dos minutos o partido perdeu ritmo, pero os Máxicos visitantes botaron un saque de esquina no tempo engadido que se traduciu nun remate de Pernas e no único gol do choque, 0-1 para que o Iberia debute con victoria na Primeira Futgal.

O Racing Villalbés ‘B’ e o Atlético Escairón. O gol de Gegun no 35′ logo dun erro defensivo visitante foi o único que se viu nunha tarde na que a nota negativa foi a grave lesión do local Rego, que conta cun prognóstico moi grave e ao que desexamos moitos ánimos e moita forza.

A tónica foi semellante ao longo de todo o partido: os Máxicos do Saviñao gozaron de opcións claras que non materializaron e, xa na segunda metade, o seu xogo directo puxo en apretos a un filial chairego que se amosou moi fiable. Ao final, a falta de efectividade duns e o bo facer defensivo doutros deixaron os puntos que había en xogo na Terra Chá.

O Castro vence no complicado campo do Oural (1-2). Partido pechado e de xogo directo no Luis Pallín, pero o Castro tirou de efectividade e sacou un resultado moi positivo. Tanke e Muiña anotaron dous goles en 4 minutos para chegar cunha renda de 0-2 ao tempo de lecer, coa comodidade que iso supoñía.

Porén, Cayuela asinou un gran gol mediado o segundo tempo e, co paso dos minutos, os sarriáns buscaron con máis insistencia o empate. Porén, un Castro afeito a tirar de experiencia e da veteranía dos seus Máxicos soubo sufrir e sacar os tres puntos dun campo que a ninguén lle gusta visitar.

máxicos

O Taboada cae nun fermoso duelo ante a SD Chantada (2-3). A SD Chantada foi dominadora da primeira metade e anotou dous goles en sendos contragolpes para poñer o choque moi de cara. Porén, os Máxicos de Martín Murado recurtaron diferenzas cun saque de esquina antes do descanso, 1-2.

Na segunda metade, os locais deron un paso adiante, empataron o choque e procuraron a remontada. Pero o fútbol tornouse cruento co Taboada e favoreceu a unha SD que aguantou ben os ataques do rival e aproveitou unha imprecisión na súa zaga para anotar o 2-3 e levar tres puntos cara o Sangoñedo.

A Milagrosa deixa claro que está a outro ritmo a costa do Outeiro de Rei (4-1). Veulle ben aos de Madriles competir no grupo de Vigo. Comezaron moito mellor os de Frigsa e Joel Vasco anotou un gran gol de cabeza para adiantar aos seus. O capitán, porén, tiña un día doce e, logo de roubar o coiro en campo rival, caneou a un adversario e disparou desde a frontal para que o balón entrase pola escadra, 2-0.

Así se chegou a un tempo de lecer que non cambiou as cousas. A imprecisión dun Outeiro superado en ritmo traduciuse no 3-0 en propia porta e, aínda que os Máxicos de Corredoira recurtaron diferenzas, a Milagrosa sentenciou nun contragolpe cando os chairegos xa se atopaban envorcados no ataque, 4-1 na Frigsa.

O Ribadeo fai valer a súa condición de favorito diante do Xove (3-1). Empezaron mellor os Máxicos celestes, con máis presenza en campo rival. Porén, o Xove foi medrando no partido e, cando mellor estaban os visitantes, Metín puxo un centro perfecto para que Castrín anotase de primeiras. O de Riotorto repetiu antes do descanso cun golazo de falta directa para ampliar diferenzas, 2-0.

Xa na segunda metade, Ibrahima aproveitou un contragolpe para recurtar diferenzas e, desde o 2-1, o partido volveuse máis aberto, con alternativas para ambos. Porén, no 81′, Meitín asistiu de novo —logo dun gran pase de Kevin— para que Anxo anotase no segundo pau e sentenciase o duelo no Pepe Barrera.

O Brollón estrease con victoria na terra do Pereiro de Aguiar. Aínda que o comezo dos Máxicos lucenses foi dubitativo, propio do debut, o Brollón medrou paseniño dentro do partido e o perigo polas bandas comezaba a ser real. Con ocasións claras rematou a primeira metade, pero sen goles. Na reanudación, o Melias perdeu fuelle e os de Chura gañaron en profundidade. Isma errou unha ocasión clara, pero Tourón fixo o 0-1 pouco despois cun remate no segundo pau.

Os ourensáns deron entón un paso adiante, e Damián aproveitou os espazos deixados polo Melias para asinar un golazo nun contragolpe que el mesmo fabricou e culminou. Aínda que os locais recurtaron diferenzas nunha falta, os nosos mantiveron a renda e sacaron tres puntos de ouro nun duelo moi igualado.

Os Máxicos comezan o curso 2025/2026

O Lemos debuta no grupo sur por

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *