Os Máxicos poñen punto e final á temporada regular

Derradeira xornada de liga para uns Máxicos que, nalgún caso, acadaron os obxectivos. Outros xa preparan a próxima temporada con moita ilusión e coas metas claras.

A SD Chantada gaña pero sae de baleiro de Cerdeiriños (1-3). Os visitantes controlaron o xogo desde o comezo e Pulpix adiantou aos seus cun gran cabezazo á saída dun córner. Pouco despois, aínda no 9′, unha gran acción defensiva de Pablo traduciuse nun erro en saída e no 0-2.

Na segunda metade, os Máxicos locais deron un paso adiante e Guaje aproveitou un rexeite para recurtar diferenzas e, aínda que os vermellos quedaron cun home menos logo de que o seu gardamallas evitase un gol ao deter o balón coa man fóra da área, intentaron igualar ata o asubío final. Kadete sentenciou co 1-3, pero os resultados de Castro e Residencia, a SD Chantada puxo fin á súa participación na Primeira Futgal este curso.

Lourido é o protagonista do Meira-Foz (2-3). Os visitantes adiantáronse no 3′, pero dous tantos rápidos de Santi Marín levaban aos meiregos por diante ao tempo de lecer. O momento máis destacado do choque tivo lugar no minuto 68′, cando Lourido abandonou o terreo de xogo no seu último partido no fútbol senior lucense —o Foz xa remontara en dous erros defensivos locais—. O defensor foi xustamente homenaxeado por compañeiros, rivais, colexiados e afección nunha das despedidas máis emotivas que se lembran dentro do noso fútbol. Grazas por todo, Lou.



O Taboada gaña con claridade ao San Lázaro (4-1). Os máxicos branquiazuis dominaron o choque en todo momento e no 30′ xa mandaban por 2-0. Os celestes recurtaron diferenzas e apretaron aos locais na recta final do primeiro tempo, pero na segunda metade a dinámica voltou cambiar e o Taboada anotou dous tantos máis (Gabri asinou un póquer de goles) para pechar a temporada cunha gran victoria no «Canti».

O Outeiro salva a categoría logo de ganar en Xove (1-2). A primeira xogada do partido, cunha falta lateral a prol do Outeiro, traduciuse nun gran salto e posterior remate de Redondo para poñer o 0-1. Os Máxicos chairegos fixeron dano con balóns ás costas da defensa local, ata que Redondo fixo o 0-2 nunha pena máxima por man do Xove. Os mariñáns deron un paso adiante cos cambios e converteron un pase atrás no 1-2. Desde o gol, o Outeiro mantivo a renda para acadar 16 puntos de 27 desde a chegada ao banco de Aarón Sánchez e manter a categoría.

O Castro non da opción e o Pastoricense descende (5-1). O Castro adiantouse nun córner e o Pastoricense igualou noutro saque de esquina. Porén, cando os de Juanma vían as súas opcións, os ataques verticais dos Máxicos locais fixeron moito dano e chegaron tres goles máis no primeiro tempo: nunha acción rápida na que o balón queda nun charco, nun contragolpe e nun tiro de Buide. Na segunda metade o Pastoricense foi dominador e o intentou de todos os xeitos —ata errou unha pena máxima— pero o Castro sentenciou o 5-1 nun contragolpe que pechou a participación dos vermellos no playoff.



Ledicia para os Máxicos do Castro, tristeza para os do Pastoricense.

O Oural non está á altura diante do Guntín (1-6). Aínda que Cayuela adiantou aos seus, o Guntín pasou por riba dun Oural que se mostrou atenazado e incapaz de reaccionar cando comezaron a chegar os goles visitantes. Pablo empatou no 17′ e o partido mantívose igualado ata o descanso, pero o 1-2 xusto á volta dos vestiarios fixo moito dano aos Máxicos sarriáns, que encaixaron catro tantos máis e dependen dun ascenso galego á Segunda RFEF para manter a categoría.

O Santaballés pecha a liga con victoria ante o Lourenzá (3-1). Estiveron ben con balón os Máxicos de Freire, que se adiantaron nun roubo castigado por Play. Unha boa xogada cun centro lateral ao comezo do segundo tempo traduciuse no empate, pero os cambios deron aire a un Santaballés que puxo o 2-1 cun gran gol de Martín e o 3-1 nun córner rematado por Vérez.

máxicos

A Residencia colase na festa do Burela (1-2). Os campións dos Máxicos competiron moi ben no primeiro tempo e gozaron das ocasións máis claras, pero non foron efectivos. Jairo puxo o 1-0 nun remate de balón parado ao comezo da segunda metade, pero o cambio de sistema visitante pechou ao Burela no seu campo e a Residencia se converteu en dominadora. Renda empatou de penalti e Pereira completou a remontada para asegurar a presencia branquiazul na promoción de ascenso.

O Racing Villalbés pecha o ano con victoria diante do Chantada Atlético (4-2). Primeira parte con xogo combinativo dos visitantes e boas transicións dos locais. Dani Delgado aproveitou un pase filtrado para o 0-1, e Hugo enviou ao fondo das mallas un contragolpe chairego. Na segunda metade o xogo se trabou moito e se volveu bronco. Anxo converteu unha transición e Dani Delgado voltou anotar para acadar o 2-2. Comezou entón un reparto de provocacións que afeou o fin de temporada de ambos conxuntos e no que os Máxicos chairegos fixeron dous goles máis para deixar os tres puntos na casa.

A Milagrosa salva a categoría cunha Frigsa que a levou en volandas (4-2). Non pintaba ben a cousa no 37′, cando os Máxicos locais perdían por 0-1. Porén, Alberte anotou unha falta directa para devolver a fe a un Gorgoso ateigado de afección, que alentou aos albivermellos durante toda a segunda metade para completar a remontada. Marco puxo o 2-1 e Rafa o 3-1 e, aínda que o Tomiño recurtou diferenzas no 66′, os de Madriles souberon sufrir e Alberte sentenciou no engadido para manter a categoría nun ano histórico da Milagrosa.

Os Máxicos poñen punto e final á temporada regular

Os play off de ascenso xa teñen

Os Máxicos poñen punto e final á temporada regular

O Brollón logra o ascenso que o

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *