Houbo que agardar ata a última hora para saber cantos equipos da nosa provincia xogarían na temporada 2018-2019 na Preferente Norte. Parecía claro que o Estudiantil ía renunciar á sua praza para comezar de cero en Terceira Autonómica, pero finalmente non foi así e a S.D. Residencia terá que afrontar a nova campaña en Primeira.
Polo tanto, son cinco conxuntos lucenses os que formarán parte da Preferente no seu grupo Norte: Ribadeo F.C., C.D. Castro, Viveiro C.F., S.D. Sarriana e C.D. Foz.
![](http://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2018/08/santi3-293x300.jpg)
O Ribadeo afronta unha nova etapa con Rafa Casanova á fronte. Logo de ser peza clave no terreo de xogo, o de Friol colgou as botas e colle o timón da parcela deportiva, sustituíndo así a Fiz Rodríguez, que foi o que ocupou o banco do Pepe Barrera nas dúas últimas temporadas e media. O cadro mariñán non se pon metas clasificatorias, e malia non ter presión por logralo ascenso ben seguro tentará rematala temporada o máis arriba posible.
Conta con baixas importantes como as de Iván, Tichu, Martín Traba, Jacob, David Rodríguez ou Marcos Peña. Para contrarrestalas, o Ribadeo optou por unha mezcla de xente nova como Brais (Foz), Roi (Xuvenís División de Honra do Lugo), Mario (Andés) e os xuvenís Marcos e Adrián, e outros con experiencia e que coñecen o clube como Javichu e Fer, que chegan do Castro. Ademáis Vizoso, que ven de xogar no Outeiro de Rei reforzará a parcela atacante.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/concelloguitiriz.gif)
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/PlayaCova-1.gif)
Un caso distinto é o do C.D. Castro. Logo de loitar a pasada temporada na parte alta da clasificación, o seu novo obxectivo será mantela categoría. Con moitas dificultades para atopar unha nova directiva que lle dera continuidade ao equipo, finalmente foi Marcos Veiga o que se fixo cargo da presidencia do clube e optou por un histórico do noso fútbol para o banco: Gonzalo Edrosa. O da Pastoriza afrontará o reto de salvalo equipo, que aínda se atopa en construcción á espera de atopar reforzos. Xente importante como Dumi ou Javi Fraga seguirán no equipo, pero futbolistas importantes como Marino, Yebra, Omar, Ruchi, Iván González, Javichu ou Fer entre outros decidiron afrontar novos retos noutros equipos.
![](http://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2018/08/marino-300x200.jpg)
O Viveiro C.F. afronta un novo desafío de cara o ansiado ascenso a Terceira. Logo dun ano convulso no que a permanencia estivo pendente dun fío, e no que o proxecto tecido fai agora un ano se viñese abaixo antes de metade da temporada coa saída da maioría das fichaxes, as cousas este verán parecen distintas na cidade do Landro.
Chusky seguirá no banquiño de Cantarrana e contará con fichaxes de altura. Iván, Tichu, Yoel e Marino son xogadores contrastados na categoría e que lle darán ao equipo un plus durante a temporada. Kiko, un home da casa, retorna logo do seu paso polo C.D. As Pontes, e Aitor por fin vestirá a camisola celeste logo do intento fallido do pasado inverno. Con uns xuvenís que chegan petando á porta como Rolle, Joel, Pablo Louzao ou David Ben, xunto con Xaime, Arturo, Álex Paz e Álex Meitín que xa formaron a columna vertebral no último ano, ben seguro que o Viveiro será un equipo a ter en conta na parte alta.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2025/01/resolucionconcorrenciadeputacion1.gif)
![](http://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2018/08/javilopez1-300x168.jpg)
A S.D. Sarriana retorna á categoría tan só unha temporada despois. Logo dunha gran temporada en Primeira na que rematou campión do grupo lucense, un dos artífices da xesta non seguirá: o adestrador Julio Corral. O seu posto xa o ocupa Alberto López, que logo de adestralo Escairón, entre outros moitos, afrontará esta temporada no banco da Ribela.
Malia ser un recén ascendido, o novo proxecto é ambicioso e contarán con reforzos de altura. Yebra, Álvaro, Diego Núñez e Omar chegan do Castro, Yeray e Édgar da Residencia, Juanjo do Racingo Vilalbés Xuvenil e Javi López e Quiroguita do Escairón. Ademáis o clube acadou a renovación da maior parte do plantel do ano pasado.
O C.D. Foz volta de novo á Preferente seis anos despois. Temporadas moi difíciles en Primeira e Segunda Autonómica, fixeron que o clube voltara a mirar á súa sempre productiva canteira, e os éxitos chegaron. Cun plantel eminentemente focese, un adestrador experimentado como Jesús Gayol, o Foz acadou o ascenso a Preferente.
![](http://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2018/08/asier-foz-300x169.jpg)
Agora o obxectivo é a permanencia e consolidalo proxecto na nova categoría. Para iso, a directiva optou por reclutar dous xogadores formados no clube: Jacob e David Rodríguez, que militaban no Ribadeo. Ademáis, contarán coa garra e os goles de Xenxo, logo de dúas temporadas no Viveiro, ao igual que o meta Trullo, e con Pablo Costa que chega do San Ciprián. Do Racing Vilalbés Xuvenil chega Javi, polivalente na retagarda. Aínda con reforzos pendentes, e coa continuidade de Asier e Iban Gayol, ben seguro que o Foz dará a talla nesta competida Preferente Norte.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/12/senmas3.jpg)