#Fútbol afeccionado #Preferente Futgal

Once da vixésimo terceira xornada da Preferente

A fin de semana trouxo resultados dispares para os equipos lucenses da Preferente Norte que se vén reflectidos no noso once. Continúan achegándose as posicións de cabeza o Lugo B e o Viveiro que volveron gañar nesta xornada. O filial albivermello derrotou ó Arteixo por 4-1 con Javi Fraga, repite no once ideal por segunda semana, e Javi Rey (abriu o marcador) como futbolistas máis destacados. Nes e Arturo (que entrou na segunda metade) comandaron a remontada do Viveiro ante o Xallas. Aínda así, os de Santa Comba seguen por riba na clasificación do conxunto de Cantarrana. Tamén gañou a Sarriana, conseguindo así a primeira vitoria do ano ao vencer por 2-0 ao Sofán na Ribela. O porteiro xuvenil Saúl, que leva adestrando co primeiro equipo desde o pasado verán, debutou con moi bo pé na cateogría e foi un dos protagonistas do encontro, xunto con Monchito.

Javi Fraga, Poratti e Álex Delgado repiten por segunda semana consecutiva no once ideal

Pola súa banda, o Ribadeo venceu ó Chantada por 5-3 no duelo provincial da semana guiado polos omnipresentes Mauro Poratti e Rafa Casanova. O equipo chantadino achégase os postos de perigo, de aí que o derbi da próxima xornada ante a Sarriana adquira maior importancia. Peor lle foron as cousas o Escairón que a pesar de chegar a empatar o choque, perdeu ante o Laracha por 2-1. Tamén caeu o Lemos na Pinguela por 0-1 ante un rival directo como é o Betanzos.

Once da vixésimo terceira xornada da Preferente

Pequenos campións!!!!

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *