Sí, Borja Mella volve estar no once ideal da xornada. Outros dous goles para a súa conta, que fan que teñamos que ser pesados con él cada semana. Nin a gran actuación de Melendo, o noso elixido a pesares de encaixar tres goles, puido co xoven dianteiro do San Ciprián. Aínda así, nesta ocasión houbo competencia entre os artilleiros da categoría. Farra liderou a remontada do Pastoricense ante a Milagrosa con outros dous goles. E Play firmou outro doblete ante o Chantada B, novo colista. Ao igual que o seu compañeiro Kevin Pierre, con golazo de falta incluído.
E falando de obras de arte temos que viaxar ata Bóveda. Alí Mosqui volveu facer das súas. Minuto 86. Recuperou o balón na súa propia cancha, percorreu máis de medio campo e clavouna na escadra. Foi o 1-2. Directo ao noso once de cabeza. Un tanto decisivo coma o de Fernandito para o Monterroso. Os de Adrián Vázquez recuperaron sensacións ante un Burela que vendeu a derrota moi cara. De feito, o tanto do talentoso mediocentro ulloano chegou no desconto.
O que non marcou foi Dieguito, o mellor da Residencia esta xornada. Eso foi cousa do gran Robson ‘Toro’, o Sergio Ramos da Cheda. 1-0 ante o Santaballés e só quedan tres puntos para o obxectivo. O próximo sábado os de Álvaro Meilán poden cantar o alirón na Medela. O seu perseguidor, o Outeiro, deixouse dous valiosos puntos no Sangoñedo ante o Chantada Atlético. Alí, Samuel demostrou os seus galóns na defensa pese a aterrizar hai escasos meses no cadro de Juan Peón.


Por último o Páramo frenou en seco a un Valadouro que viña de gañar ao líder. Bolo, sobresaiu no conxunto de Melenas. Ollo con eles, poden darlle un susto a calquera agora que teñen a permanencia prácticamente feita. Calidade teñen de sobra. Ademais, o derbi mariñán do Martínez Otero finalizou en táboas. Brillaron as defensas. Cayón polo Foz e Rubio no Xove Lago.