O Viveiro e o Racing Villalbés foron os únicos equipos que lograron a vitoria dentro do Trío de Ases O Cantón nesta fin de semana. Os mariñáns collen moito aire na táboa ao vencer ao Boiro pola mínima na casa, mentres que os chairegos fixeron o mesmo na casa do Noia para manterse no play off con marxe. O Pol, o Lemos e o Lugo B acadaron empates que lles dan puntos necesarios, mentres que a Sarriana e o Burela métense en serios problemas.
Lansade dá moita vida ao Viveiro
O Viveiro tiña un encontro de gran importancia ante un rival da zona alta como o Boiro. O desenlace non puido ser mellor para os de Alberto López, xa que un gol de Lansade bastoulles para poñer sete puntos de marxe cos postos de descenso. O encontro foi moi igualado no apartado físico, sobre todo nunha primeira metade na que as defensas foron quen de vencer aos atacantes para impedir chegadas de perigo.
Foi no segundo tempo onde os de Alberto López deron un paso cara adiante para ir a polos tres puntos. Combinaron moito máis pola tarde. Tras petar á porta por medio de Kablik ou Rolle, Manu Martín colgou un balón preciso ao segundo pau, onde esperaba Lansade para firmar o único tanto do encontro cun cabezazo. O Viveiro aguantou o xogo directo do Boiro nos últimos instantes do partido para pechar tres puntos cun alto valor clasificatorio.
O Racing Villalbés fai do play off o seu Entroido
O Racing Villalbés foi o outro encontro que levou a vitoria nesta xornada. Os chairegos fixeron do Entroido a súa vía para poder certificar cunha maior solvencia a súa situación dentro do play off de ascenso á Segunda RFEF. A primeira metade foi moi equilibrada no Julio Mato, co Racing Villalbés incapaz de conseguir boas oportunidades para poder facer o primeiro tanto do encontro ante un Noia que se amosaba sólido.

O encontro deulle moitos máis espazos para facer dano á espalda ao conxunto de Juan Rodríguez e aproveitárono. Borja Míguez deu o primeiro aviso e, nos últimos minutos, Javi Rey atopou o desmarque de Pablo Trigo, que definiu para poñer ao Racing Villalbés no mando do encontro. Os chairegos demostraron ter a mentalidade necesaria para cada momento do choque e a efectividade para levar os tres puntos
Empates para seguir no meollo
O Lugo B cortou unha pequena xeira de derrotas cun bo empate ante o Montañeros por 1-1. O filial albivermello encaixou o tanto ao final da primeira metade, obra de Longueira. Os lucenses pediron un penalti xusto antes do gol, que fixo Longueira en propia porta tras desviar lixeiramente un lanzamento de Ibe. Os de Dani Galán tiveron que aguantar os últimos dez minutos de encontro sen a presenza de Hugo Díaz, que viu un cartón vermello.
O Lemos recibía na Pinguela a un Atios que chegaba como líder da Preferente Sur. Os monfortinos foron con todo a polo partido, xa que todo o que fose sumar daba unha maior comodidade aos de Edu Rodríguez na loita polo ascenso. Gozaron con ata sete oportunidades de gol claras e incluso cun tanto anulado. Un dominio claro cargado de proposición de xogo que non se viu reflectido no marcador, xa que o resultado seguiu sendo o 0-0 inicial.
Os problemas medran
Pese a que o Pol manten o seu posto de perigo, o camiño dos de Labrada cambiou. O empate ante o Puebla por 1-1 refrenda esa modificación da dinámica. Fixérono a base de sufrimento, xa que a segunda parte foi un monólogo do seu rival. Cuadrado abriu o encontro de penalti xusto antes do descanso, pero os visitantes tiveron o control total do partido nos últimos minutos. Juan García marcou no minuto 80 o tanto da igualada.
O Burela, pola contra, xa acumula seis encontros consecutivos nos que caeu derrotado. As baixas nótanse e os de Oke caeron ante o Paiosaco por 3-0. En cuestión de 20 minutos o encontro púxose consta arriba. Iván e Jorge Raña puxeron por diante aos locais, pese a que o Burela estivo a piques de empatar antes do segundo gol. No minuto 50, chegaría a sentencia tras un gol de Dani Fernández no que chegou a marcharse de Kike.
Por último, a Sarriana pisa por primeira vez na campaña o descenso tras caer ante a Gimnástica Segoviana por 1-2. Pese a que Clavería abriría o marcador no minuto 7, a expulsión a Freire no minuto 15 de encontro condicionaría o resto de minutos. Os de Dani Giménez aguantaron ata os últimos quince minutos, xa que Juanma empatou o partido. No 89 e por terceiro partido consecutivo, o infortunio volvería en forma dun tanto de René para a derrota dos locais.
Foto das redes sociais do Racing Villalbés.


