#Fútbol afeccionado #Terceira RFEF

O triunfo do Viveiro en Ribadumia outórgalle a permanencia virtual

O Viveiro suma e segue nesta fase de permanencia. A vitoria no campo da Senra diante do Ribadumia foi a quinta nos seis últimos encontros, pero esta trouxo consigo un premio especial, o da permanencia virtual. Con nove puntos en xogo e outros tantos de vantaxe sobre o quinto clasificado, a UD Ourense, tan só unha carambola acabaría cos mariñáns na Preferente. De tódolos xeitos, Cantarrana é un gran esceario para poder festexar a continuidade en categoría nacional.

Como era previsible, o encontro non foi doado. O Ribadumia foi superior na primeira metade aínda que non tivo a puntería para atinar coa porta de Manu Cedrón. Charles desde dentro da área e Cerqueiras cun lonxano disparo e Fran Fandiño tiveron as máis claras para os locais. O Viveiro non foi quen de chegar con perigo á área rival, pero non tardou en adiantarse gracias a un penalti cometido sobre Javi Rey. O propio xogador lucense non errou desde os once metros.



Na segunda metade, o Viveiro mellorou, en boa medida axudado polos dous trocos realizados ao descanso. Uriol reforzou a liña defensiva e Facu deulle saída ao equipo mariñán nas contras. O Ribadumia amosouse moito máis impreciso e apenas xerou ocasións claras de gol. Nico, o mellor do conxunto adestrado por Chusky sobre o céspede da Senra tentou ampliar as diferencias cun lanzamento lonxano que saiu desviado por pouco. Xa no desconto o Ribadumia quedou en inferioridade pola expulsión de Pablo González por dobre cartón amarelo.

A vindeira xornada o Viveiro enfrontarse en Cantarrana ao Ourense C.F., conxunto que xa acadou a permanencia nesta xornada.



O triunfo do Viveiro en Ribadumia outórgalle a permanencia virtual

Un carrusel de emocións leva ao Lemos

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *