Os finalistas do Torneo Delegación

O Torneo Delegación chega ao acto final

O Torneo Delegación que disputaron os equipos da Terceira Futgal que non entraron no play off de ascenso xa ten aos dous equipos que disputarán a final do torneo. O Carballedo recibirá ao Goiriz nunha final na que o camiño de ambos clubes foi moi diferente. O conxunto que xogará de local estivo a piques de meterse na fase de ascenso e agora quere quitarse esa espiña, mentres que os visitantes foron os campións do Grupo Norte e agora queren conseguir o doblete.

A espiña do Carballedo que pode saír no Torneo Delegación

Este Torneo Delegación é toda unha oportunidade para que o Carballedo se poida sacar a espiña dun play off que se escapou no minuto 90 cun penalti en contra. O conxunto fixo unha tempada na que destacou unha «regularidade» que destaca o seu adestrador Adrián Pateiro e que agora levou aos de Catro Ventos á final tras conseguir gañar ante o Roupar por 0-2 cos goles de Pollete e José Luis.

Agora chegan a unha final do Torneo Delegación que «afrontamos con moita ilusión. As finais sempre son especiais«, afirma Pateiro. O adestrador conxunto destaca que un problema que poden ter é a falta de activos para disputar a final. «Os equipos da nosa zona sufren de efectivos nestas datas, na semifinal fomos once e puidemos sacalo adiante. Será difícil ao non ser liga, xa que os xogadores están máis desconectados, pero esperamos ter a todos dispoñibles«.

Un posible doblete soñado en Goiriz

No outro bando dos equipos que se miden na final do Torneo Delegación, o Goiriz busca poñerlle unha guinda nova a un postre que xa está feito tras ser campións de liga, co seu respectivo ascenso á Segunda Futgal de cara á vindeira tempada. Manolo Veiga, adestrador do Goiriz, destaca que «Gañar un doblete sería moi bonito porque é moi raro que se dean as circunstancias coma nesta tempada, sobre todo sen ter lesións durante todo o ano. Sería todo un premio para os xogadores».

Chegan a esta final tras demostrar a súa superioridade ao vencer por 4-1 ao Sober, outro dos equipos que conseguiu o ascenso esta tempada tras quedar segundo no Grupo Sur. «Afrontámola coma un partido máis, queremos competir como en todos os partidos sen unha maior importancia», afirmou Veiga, que tamén engadiu que na planificación «o equipo era demasiado bon para a categoría e calquera cousa que non fose gañar ao longo do curso sería un fracaso».

O Torneo Delegación chega ao acto final

O San Lázaro xa é de Segunda

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *