aino no grupo sur cun Taboada B que deu a sorpresa ao vencer a un Sporting Lucense que mantén o liderado. Corgo e Monterroso B venceron os seus encontros e sitúanse a dous puntos da primeira praza.
No grupo norte, o Goiriz descansou e mantén catro puntos de vantaxe sobre o Cazás, que gañou nun interesante encontro ao Abadín. O Castroverde sumou a quinta vitoria consecutiva e o Friol B estreou o casilleiro de puntos tras gañar á Comercial.
GRUPO NORTE
O Cazás xa é segundo tras vencer no Municipal ao Abadín (2-3). Cuarta derrota consecutiva do Abadín nun encontro que comezou parello e marcado polo forte vento. Fran, de tiro cruzado, adiantou ao Cazás e só dous minutos máis tarde Vizo encarrilou o choque para os xermadinos cun golazo desde fóra da área. Os de David Lorenzo sufriron a lesión de Izan, que foi sustituido por un Cristian que aos dous minutos de entrar marcou tras unha asistencia de Noé. No segundo tempo, o Abadín tivo o dominio e o Cazás agardou replegado para saír á contra. Fran fixo o terceiro para os visitantes e Pablo recurtou diferencias. A colexiada anulou o que sería o tanto do empate por un fóra de xogo protestado polos xogadores do Abadín.
O Rioaveso oposita ao ascenso tras vencer con contundencia ao Matela (1-4). Encontro moi serio do Rioaveso diante dun Matela que amosou a súa peor versión. Os de Asier Lozano foron moi superiores en ataque e en defensa e no primeiro cuarto de hora Toni, en dúas ocasións, e Álex Anido puxeran en clara vantaxe ao Rioaveso. Noé González fixo o cuarto e antes do intermedio Pedro, de penalti, recurtou diferencias para o Matela. No segundo tempo os de Cuchi buscaron reaccionar, pero a boa labor defensiva dos visitantes impedírono.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/concelloguitiriz.gif)
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/PlayaCova-1.gif)
Quinta vitoria consecutiva dun Castroverde que vence en Trasvías (0-3). Encontro parello ata o ecuador do primeiro tempo, momento no que Gelo fixo o primeiro tanto para os visitantes. O tanto non lle sentou ben a un Celeiro que se foi do partido. David, tras un saque de esquina, e Iker Lamelas en propia porta, anotaron os goles que deixaban o encontro case que sentenciado no primeiro tempo. A boa actuación do debutante na portería de Trasvías, Joni Díaz, impediu que a goleada fora máis abultada. A segunda metade non tivo demasiada historia. O Celeiro buscou un gol que o metera no encontro, pero non foi quen de inquedar ao Castorverde.
O Roupar vence na Canteira nun encontro con moitos ‘ex‘ (2-4). Encontro marcado polo vento no que o Catro Roldas saiu mellor ao campo e o dominio no xogo reflexouse no marcador. Dous goles de David Orosa puxeron en clara vantaxe aos de Suso Coto, que erraron varias ocasións diante dun inspirado Fran para deixar o encontro visto para sentencia. No segundo tempo, o Roupar, con moito ex xogador do Catro Roldas nas súas filas, ademáis do adestrador Ángel Pena, o ano pasado na Canteira, saiu ao campo con outra cara e deulle a volta ao encontro. A entrada de Tupac foi determinante ao marcar dous tantos e asisitir a Yosi noutro. Moha desde longa distancia culminou a remontada visitante.
O Friol acada os seus primeiros puntos tras derrotar á Comercial (3-2). Saiu moi ben ao campo o conxunto local, realizando os mellores minutos da temporada. Samu logrou dous goles que lle daban tranquilidade aos de Bruno Castro, que puideron marchar ao descanso cunha diferencia máis ampla no marcador. O segundo tempo foi diferente. A Comercial mellorou as súas prestacións e Raúl recurtou diferencias antes de que se cumpriran cinco minutos de xogo. Chema empatou un encontro que parecía máis de cara para os capitalinos, pero moi preto do final, Iván convertiu un penalti para que os puntos quedaran na Reigosa.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2025/01/resolucionconcorrenciadeputacion1.gif)
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2025/01/XORNADA-10-2.png)
grupo sur
O Taboada B da a sorpresa e vence ao líder (2-1). Caeu o Sporting Lucense na súa visita ao filial do Taboada. Os visitantes comezaron mellor e xeraron perigo, sobre todo a balón parado e adiantáronse aos quince minutos de xogo por medio de Cristian. Co marcador en contra, os de Jacobo Vázquez melloraron e fixéronse co mando do partido. Yoni errou un penalti que puido significar o empate e Xavi estrelou un balón na escadra. Antes do descanso, Pita logrou un empate que semellaba facer xustiza. No segundo tempo, o encontro seguiu un guión semellante ao último tramo do primeiro. O Taboada B mandou no xogo e a falta dun cuarto de hora para o final Xavi fixo o segundo. O Sporting Lucense buscou o empate nos últimos intres sen éxito.
Triunfo co Corgo diante dun Bóveda moi mermado polas baixas (4-1). Con só trece xogadores acudiu o Bóveda ao Municipal. Os de Fernando Elcoso competiron ben durante o primeiro tramo de encontro, malia que o Corgo contou cun bo número de ocasións que desaproveitou. Foi o Bóveda quen se adiantou no marcador cun penalti transformado por Ángel. Só tres minutos máis tarde, noutro penalti, Sebas empatou para os de Abel Rochela. O empate sentoulle ben ao Corgo que non tardou en darlle a volta ao marcador un novo gol de Sebas. Fer ampliou diferencias antes do descanso. No segundo tempo, os locais baixaron a intensidade diante dun rival moi mermado polas baixas. Preto do final Kevin fixo o cuarto.
O Monterroso B remonta na segunda metade e vence ao Sober (3-2). Encontro entre candidatos ao ascenso con dúas metades ben diferenciadas. Malia que o filial monterrosino tivo a posesión, foi o Sober quen levou o gato á auga no primeiro tempo, aproveitando febleza defensiva local. Martín exerceu a súa condición de goleador e puxo en clara vantaxe aos de Iban Lagoa. Con dous goles de desvantaxe, Pampín arriscou con catro trocos ao descanso e saiulle ben. Tras varias ocasións, Manel nun saque de esquina recurtou diferencias, e pouco despois Isma, tras un bo centro de VV, empatou o choque. A falta de quince minutos para o final, unha volea de Isma á escadra convertiuse no gol da vitoria.
A Sarriana B vence sen complicacións ao Relámpago Taboada (7-0). Encontro con pouca historia o disputado na Ribela. Os de Raúl amosáronse moi superiores a un Relámpago que apenas inquedou a portería local ao longo dos noventa minutos. Catro goles no primeiro tempo, dous deles de Fabio, deixaron o encontro sentenciado e tras o descanso, aínda que cunha menor intensidade, o dominio seguiu sendo do filial sarriao que completou a goleada.
O Río Sil vence con claridade ao Carballedo na Carqueixa (3-0). Encontro moi condicionado polo forte vento, que na primeira metade beneficiou a un Río Sil que se amosou superior ao seu rival. Dous goles nos primeiros quince minutos puxeron en clara vantaxe aos locais, que viron como o Carballedo non foi quen de poñer en perigo o resultado no segundo tempo. Desta volta o vento non foi dabondo para que os de Adrián Pateiro se meteran no partido e Jorge sentenciou para os da Carqueixa con media hora por diante.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/12/senmas3.jpg)