O Racing Villalbés non puido sumar na xornada da Terceira RFEF dos San Xosé

O San Xosé non deixa vitorias na Terceira RFEF

A xornada do festivo tiña un guión moi duro para os equipos lucenses da Terceira RFEF no Trio de Ases O Cantón. Os presaxios da dureza que ía ter a xornada cumpríronse, xa que só o Lugo B foi capaz de acadar un punto tras igualar co Boiro por 1-1. Por outra banda, o Racing Villalbés non puido co Estradense e comeza a meterse en problemas para manter o play off e o Viveiro caeu por goleada ante un Arosa que non frea na súa persecución do liderado.

O único punto da xornada intersemanal da Terceira RFEF

O Lugo B foi o único equipo da provincia capaz de sumar no San Xosé da Terceira RFEF tras empatar por 1-1 ante o Boiro. Os albivermellos saíron con solidez nos primeiros minutos e tiveron unha boa chegada de Pascu nos primeiros intres. O Boiro situouse no encontro pouco a pouco e xeraron boas opcións, como un disparo ao longueiro no minuto 15. Antes do descanso, Hugo García tivo un remate de cabeza no segundo pau que se foi alto.

Co inicio do segundo tempo, Manu Blanco aproveitou un saque de curruncho para adiantar aos visitantes. Iso cambiou os plans de Dani Galán e Pascu tivo unha gran oportunidade nun man a man que parou Borja Rey. No minuto 61, Hugo García puido igualar cun gran disparo lonxano. Tras o 1-1, o encontro pasou a unha fase de ida e volta na que ningún equipo puido facerse co tanto da vitoria do encontro.

Unha seca preocupante na casa

O Racing Villalbés está nunha mala xeira na Magdalena que acrecentou o Estradense ao gañar por 0-2 aos de Juan Rodríguez. Esta é o cuarto encontro no que os chairegos non atopan a vitoria, pero aínda así manteñen un bo marxe de catro puntos co resto de competidores polos postos de promoción de ascenso da Terceira RFEF. O encontro comezou moi igualado, pero sen moitas chegadas para ningún dos dous equipos nos primeiros 45 minutos.

Foi na reaunudación do encontro cando todo cambiaría. Ángel Muñíz atopou no minuto 49 a sorte nunha xornada desafortunada para os locais e abriu o marcador. Outra acción de mala sorte fixo que Vérez e Ale se tiveran que retirar despois dun duro choque. Os chairegos non deixaron de loitar para ir a polo empate, pero pese a que houbo varias ocasións nas que os atacantes locais estiveron preto, non lograron igualar. No minuto 97, Hugo Padín poñería a sentencia que lle deu os tres puntos ao conxunto da Estrada.

A lóxica non deu oco á sorpresa

No encontro que abriu a xornada do San Xosé na Terceira, o Viveiro non foi quen de cortar a xeira do Arosa e marchou goleado por 4-1. O encontro comezou igualado cos de Alberto López presionando con todo o que tiñan. Os da Lomba conseguiron facerse pouco a pouco co dominio e Iñaki atoparía a Álex Rey para que abrise o marcador. Antes do descanso, Kablik estivo a piques de empatar, pero Chema fixo unha gran estirada.

Os mariñáns levarían o segundo golpe por parte dun paisano. Adri Lombao aproveitou unha perda para facer o segundo tanto. Pero o Viveiro tería despois os seus mellores minutos no encontro e, no 61, Rolle batiría cun tiro cruzado a Chema para acurtar distancias. Diogo estivo a piques de empatar nun saque de curruncho, pero Gabri Palmás sería o encargado de sentenciar cun doblete para que os tres puntos quedasen en Vilagarcía.

Foto do Instagram do Racing Villalbés.

O San Xosé non deixa vitorias na Terceira RFEF

O Ás de Copas deixa sorpresas no