#Fútbol afeccionado #Feminino

O San Lázaro estréase pola porta grande

Pasou unha xornada máis e o PM Friol segue na mesma situación: 0 puntos na nova Segunda RFEF. As de Covi caeron pola mínima na súa visita á Cidade Deportiva do Wanda. O cadro amarelo deixou bo momentos de fútbol pero concedeu en exceso na reanudación, onde chegou o gol do Atlético de Madrid B a menos de quince minutos para o remate.

A delicada situación das de Friol podría extrapolarse á vila de Antas. Alí, as doce xogadoras que se presentaron a este encontro sufriron un duro correctivo por parte do Victoria FC B. O encontro quedou resolto co 0-3 antes do descanso.

Nesa mesma Primeira Galicia, o Lugo xa non suma de tres en tres. Iso si, as de Joaquín Blanco mantéñense invictas. O duelo da xornada, ante un Sárdoma B que chegaba con pleno de triunfos ao igual que as albivermellas, non defraudou. Gran partido dos dous conxuntos e que se lle escapou ás lucenses no último suspiro.

Unha incombustible Yanire adiantou ás locais preto do minuto 20. O Lugo volveu a exhibir a súa pólvora mollada e perdooou a sentenza. E como quen perdoa acaba pagando, a xerra de auga fría chegou no minuto 95. En forma de gol das visitantes e dunha sensación de deixar fuxir dous puntos de ouro.



RESULTADOS DA XORNADA

Atlético de Madrid B 1-0 PM Friol

Lugo 1-1 Sárdoma B

Antas 0-7 Victoria F.C B



Monte Forte 7-0 Comercial

San Roque 2-2 Milagrosa

San Lázaro 6-0 EF Silleda

Carballedo 1-2 SD Chantada

PM Friol B 3-1 Arzúa



Derbis do máis variopinto no inicio da Segunda

Antía Rey asinou os dous goles da Milagrosa no derbi capitalino

A primeira data da Segunda Galicia estivo marcada polos tres derbis en xogo. E, sobre todo, pola estrea do recén fundado San Lázaro. Un debut soñado para as rapazas de Luchi. Portería a cero e goleada na casa. O equipo da Ponte superou pronto os nervos iniciais e foi crecendo co paso dos minutos. Antes do tempo de lecer, o San Lázaro asinou os dous primeiros goles do encontro. Deixaron o mellor para o segundo tempo, onde o xogo resultou máis vistoso e os catro goles restantes chegaron como consecuencia da superioridade lucense.

No tocante aos duelos de rivalidade, o Monte Forte de Perry é o primeiro líder da categoría. Deixou a porta a cero ante unha Comercial que se presentou con só once xogadoras e logrou un tanto máis que o San Lázaro, segundo clasificado. Un sete en toda regra con sendos dobretes de Henar, Sara Mougán e a debutante Noa. O xogo e a efectividade foron cousa do Monte Forte nesta data inicial.

Noa, debut con dobrete no Monte Forte

Máis igualado resultou o derbi de proximidade entre Carballedo e Chantada. As de Adri tiveron a oportunidade máis clara nunha primeira metade trabada. O seu gol chegaría na segunda metade, desde os once metros. O Chantada, que non lle perdeu a cara ao encontro en momento algún, asinou a remonta na derradeira media hora cun gol de falta de Laura Carnero e un bo tanto de Tania Gómez. O peor do partido, o forte esguince que sufriu a local Laura Delgado.

E moito máis nivelado foi aínda o duelo capitalino entre o prometedor San Roque e a Milagrosa, no que tres dos catro goles se viron a partires do minuto 82. Antía Rey iniciou e rematou o partido marcando para unha Milagrosa que exhibiu bo xogo e un gran potencial na pelota parada. Entre medias, as de Quiroga demostraron que son un equipo moi distinto ao do ano pasado. Capaces de gañar a calquera por méritos propios. Por certo, ata tres xogadoras novas poderían chegar a Montirón esta mesma semana.

Por último, o PM Friol B venceu con claridade ao Arzúa. O conxunto de Santi Vieitez dominou o encontro de principio a fin. Aos dez minutos xa vencía por 2-0 con dous bos lanzamentos. As da terra do queixo recurtaron diferenzas cun golazo nun rexeite dun saque dende o curruncho. Na segunda metade, as da Reigosa puideron golear. Pero só lograron facer o terceiro cun fermoso tanto de María desde fóra da área.

xogadora do mes torre de núñez

Desde hoxe, ser a mellora xogadora do mes terá premio. E todo grazas a Torre de Núñez, novo patrocinador desta casa. A futbolista máis destacada cada trinta días (de entre todos os equipos) recibirá o agasallo dun lote de produtos dunha das referencias cárnicas a nivel nacional e internacional.

O San Lázaro estréase pola porta grande

Máxicos Luca’s Grill. Xornada 4

O San Lázaro estréase pola porta grande

«Que ben, Kevin» e «Panizo, a que

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *