O Ribadeo foi o campión da Copa Deputación 2023 ao derrotar ao Chantada Atlñetico na final

O sábado, de Copas na provincia

Hoxe, sábado, o Arde Lvcvs non é a única cita ineludible na provincia de Lugo. Pretiño da capital, no Arturo Pereiro de Castro, a SD Chantada e o Taboada CF disputarán o título de Copa. Ambos conxuntos procurarán poñer o broche de ouro a unha temporada excelsa: os de Traste estiveron a piques de engancharse á promoción de ascenso e os de Martín Murado mantiveron a categoría con creces.

máxicos primeira penalti sábado

A SD Chantada, ademais, quere redimirse do subcampionato do curso pasado (venceu o Escairón). Para logralo, vén de deixar atrás ao Guntín (a penaltis), Outeiro de Rei, San Lázaro e Milagrosa (tamén desde os once metros). Os branquiazuis, pola súa banda, superaron a Lourenzá, Pol, Chantada Atlético e Monterroso (en penaltis). Agora, ambos equipos chegan a Castro coas máximas ambición e ilusión.

Ademais do preparador, Traste, no cadro chantadino sobresaiu Xende. O atacante recoñeceu que «a final de Copa».

O adestrador, pola súa banda, afirmou que «é un partido máis de controlar as emocións e ser estable mentalmente para afrontar os distintos momentos do partido que de algunha chave táctica en concreto. Porén, teremos que estar atentos para evitar as transicións do rival e o seu balón parado».



O Taboada exercerá como local o sábado no Arturo Pereiro

No bando «local» seguen a mesma idea. Martín Murado sinalou que «este sábado, máis que as cuestións tácticas, xogará un peso decisivo o elemento psicolóxico. Manter o nival de concentración durante todo o partido será decisivo, tendo en conta o nivel de carga mental a estas alturas da temporada».

O sábado, de Copas na provincia

Diario dun Mercado. Episodio 464

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *