#Fútbol afeccionado #Terceira Futgal

O Relámpago Taboada volver gañar en liga vinte meses despois

Para lembrar a última vitoria do Relámpago Taboada hai que viaxar ao mes de marzo de 2024, cando na penúltima xornada de liga, os daquela adestrados por Diego Saborido venceran ao Bóveda. Vinte meses máis tarde, agora ás ordes de Melendo, o Relámpago volveu sorrir ao vencer na Carqueixa ao Río Sil.

No grupo sur, o Corgo non cede e venceu pola mínima a un Quiroga que cedeu por segunda xornada consecutiva. Rubián e Piringalla igualaron noutro choque entre candidatos ao ascenso empañado por unha tangana final que fixo que o colexiado suspendera o choque, mentres que o Taboada B goleou ao Bóveda e sumou o terceiro triunfo consecutivo.

No grupo norte, o Mondoñedo é líder en solitario tras vencer ao Rioaveso no Viñas da Veiga. O Catro Roldas colleitou a primeira derrota do curso diante dun Muimenta á alza. O Abadín tamén colle carreira e xa é cuarto tras derrotar ao Pol B.

Analizamos a xornada no Tres en Raia Boas Mans Fisioterapia.

GRUPO NORTE

O Mondoñedo segue con pleno de puntos tras derrotar ao Rioaveso (3-1). Os de Nico son líderes en solitario logo de vencer a un Rioaveso que saiu coas ideas claras ao Viñas da Veiga, coas liñas moi xuntas e coa intención de saír rápido á contra. Xusto antes do descanso, o Mondoñedo adiantouse nunha acción moi protestada polos visitantes. O colexiado sinalou penalti por unha man na área que transformou Javi. A polémica seguiu nada máis sair de vestiarios ao ver Chao, defensor do Rioaveso o segundo cartón. Non se viñeron abaixo os de Asier Lozano, pero Jacobo puxo terra de por medio co segundo gol. O Mondoñedo meteuse atrás e o Rioaveso recurtou diferencias, pero Romay fixo o terceiro xa co tempo cumprido.

O Catro Roldas perde o seu primeiro partido diante dun Muimenta en liña ascendente (1-2). Encontro de alto nivel na Canteira, no que o Muimenta sorprendeu ao locais en dous balóns á espalda da defensa. Os de Fran Veiga realizaron un gran esforzo táctico diante dun Catro Roldas que afrontaba o encontro como líder e que fixo un encontro moi completo, sen ter acerto en ataque. Julio fixo o primeiro aos tres minutos de xogo tras asistencia de Seijas. Os visitantes optaron por xogar replegados e o Catro Roldas contou con varias ocasións que non logrou concretar. Preto do descanso, Seijas fixo o segundo logo dunha recuperación de Julio. No segundo tempo o encontro tivo moitas interrupcións. Os de Coto lanzáronse a por un gol que os metera no partido, pero non era o seu día. O gardameta visitante Cancio estivo atinado cando a situación o requeriu e o gol local chegou a falta de cinco minutos para o final por medio de Samu.

O Abadín achégase á zona de privilexio tras vencer pola mínima ao Pol B (1-0). Os visitantes optaron por un xogo máis combinativo fronte a un Abadín que tentou roubar o balón en campo contrario. Ámbolos conxuntos desperdiciaron varias ocasións claras de gol na primeira parte. O único gol do partido chegou no segundo tempo nun rexeite do porteiro dunha falta frontal aproveitouno un xuvenil, Adri Reigosa, para darlle os tres puntos aos de Michi. A veteranía dos locais resultou moi importante no último tramo no que o filial non atopou o camiño do gol.

O Cazás encarrila o partido fronte ao Celeiro nos primeiros cinco minutos (5-0). A mala entrada aos encontros dos viveirenses está a ser clave neste comezo ligueiro no que cada encontro reciben gol nos primeiros cinco minutos. Desta volta foron dous. O Cazás aproveitou o desconcerto visitante para deixar o encontro encarrilado con tantos de Jose, nun córner, e Iago de vaselina. O Celeiro non era quen de entrar no partido e os locais fixeron o terceiro, novamente obra de Iago tras un rexeite. Antes do descanso Vizo rematou de espuela un saque de banda. Efrén, xa no segundo tempo, fixo o quinto e definitivo. O Celeiro subiu liñas e buscou o tanto da honra sen éxito.

O Roupar segue sen gañar tras igualar fronte a Comercial (2-2). Encontro disputado no que se adiantou o Roupar cun tiro desde a frontal de Yosi. Antes os visitantes tiveron varias ocasións ás que o gardameta All Star Anxo respostou con éxito. Moha ampliou diferencias no segundo tempo tras unha boa xogada individual, pero os trocos déronlle aire á Comercial que intensificou o dominio e logrou recurtar diferencias por medio de Aarón. Eran os peores minutos dun Roupar que se fixo forte en defensa grazas a Anxo Rey e sobre todo ao gardameta Anxo que detivo cada balón que os xogadores da Comercial enviaban á portería. Malia todo, o empate chegou por medio de Dani.

GRUPO SUR

O Corgo é líder en solitario tras vencer ao Quiroga (2-1). Os de Abel Rochela seguen con pleno de puntos e recibiron nesta quinta xornada o primeiro gol en contra. O Quiroga colleitou a segunda derrota consecutiva nun encontro no que optaron por agardar replegados. O Corgo armouse de paciencia, aínda que non tardou en marcar grazas a unha boa definición de Ethan. Raúl e o propio Ethan contaron con boas ocasións para ampliar diferencias. A expulsión de Rubio aos vinte minutos puxo a proba aos locais que non sufriron no primeiro tempo. Tras o descanso o Corgo contou con varias ocasións que non aproveitou antes de que o Quiroga lograra o tanto do empate. Non se viñeron abaixo os locais que xeraron novamente varias ocasións e lograron o segundo nun saque desde o curruncho que rematou novamente Ehtan, o mellor do Corgo.

Rubián e Piringalla empatan nun econtro que o colexiado rematou suspendendo (1-1). Os locais foron mellores e a o gardameta Reija evitou a derrota da Piringalla. Poderiamos escribir varias liñas máis, pero carecería de sentido cando o encontro rematou nunha tangana con agresións que obrigou ao colexiado a suspender o encontro. Pregamos non ter que volver a facer mención de actos deste tipo.

O Taboada B remonta e golea ao Bóveda (5-1). Os de Jacobo Vázquez sumaron a terceira vitoria consecutiva. Foi diante dun Bóveda que comezou marcando por medio de Janoisi. Nunha xogada discutida chegou o empate, obra de Sergio. A partir de aí o Taboada B foi superior e aproveitou os erros dos visitantes para facerse co partido. Pita, en con dous goles, deixou o encontro encarrilado antes do descanso. No segundo tempo, Brandon e un Eloy reconvertido a xogador de campo completaron a goleada.

O Incio vence en inferioridade ao Carballedo (1-0). Diego foi o protagonista do encontro. Aos dous minutos marcou o único tanto do encontro, logo dunha mala posta en escea dos visitantes, e posteriormente foi expulsado cando esmorecía o primeiro tempo. O Carballedo levou o peso no segundo tempo, pero non estivo atinado cara a portería.

O Relámpago Taboada reencóntrase coa vitoria na Carqueixa (0-1). A melloría experimentada polo Relámpago nesta temporada viuse reflexada fronte ao Río Sil, onde obtivo o premio da agardada vitoria, que se resistía xa demasiado. Saiu mellor ao campo o conxunto local, que non soubo aproveitar as ocasións de gol que xerou. No segundo tempo os trocos déronlle aire ao Relámpago e igualou o choque e nunha acción de falta Fran marcou o tanto do triunfo para os de Melendo.

Foto de portada: Facebook Veteranos Futgal Grupo Lugo Provincial.

O Relámpago Taboada volver gañar en liga vinte meses despois

Goles e regresos de Kevin Pierre e

O Relámpago Taboada volver gañar en liga vinte meses despois

O Relámpago Taboada volver gañar en liga

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *