#Primeira Futgal

O punto de penalti determina aos finalistas

As dúas semifinais da Copa decidíronse cos lanzamentos de penalti e os dous conxuntos visitantes levaron o premio desde os once metros. Así, Taboada e SD Chantada protagonizarán unha vibrante final.

máxicos primeira penalti

Os de Traste eliminaron a un competitivo Guntín logo dun duelo igualado no que os chantadinos gozaron das primeiras ocasións, destacando un remate de Pablo no que se luciu Iker. Porén, o cadro laranxa colleu paseniño o pulso do partido e inquedou a meta visitante na recta final do primeiro tempo, pero non foron efectivos.

Na segunda metade, unha SD máis enteira xerou grandes oportunidades, en particular dous disparos aos paus de Pablo e de Kadete, pero o balón non tocaría a rede ata os lanzamentos de penalti: os erros de Tomás e Brais condenaron ao Guntín ante á efectividade e seguridade dos da vila do Asma.

En Cerdeiriños non se xogou tan só unha semifinal de Copa, senón tamén un vibrante derbi con alternativas para ambos. O Taboada tivo un maior dominio do coiro, pero o Monterroso facía dano a balón parado e por medio de envíos directos. De feito, unha falta lateral no 75′ supuxo o 0-1 dos visitantes, e unha acción moi semellante na área contraria cando xa se atisbaba o asubío final traduciuse no 1-1, que levou o duelo á fatídica tanda de penaltis. O Taboada xestionou mellor os nervios e acadou o pase a unha final que se presume moi competida.

Un penalti priva ao Castro dunha boa vantaxe na final polo ascenso

Os de Dumi coñecían ben ao Alertanavia e conseguiron limitar as virtudes dos vigueses. Aínda que os visitantes tiveron máis balón no primeiro tempo, apenas inquedaron a meta chairega, e foi Álvaro quen inaugurou o marcador cunha gran acción (conducción marca da casa máis disparo axustado) para desatar a tolemia no Arturo Pereiro.

Na segunda metade, o Alertanavia conseguiu empatar logo dun penalti moi protestado polo Castro, pero os locais refixéronse e anotaron un gol máis —logo dun balón parado— para chegar con vantaxe (2-1) ao duelo que decidirá quen ascende á Preferente e quen queda na Primeira.

O punto de penalti determina aos finalistas

Diario dun Mercado. Episodio 463

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *