O PM Friol cede ante un rival directo

  • Antas, Milagrosa e Chantada suman outra xornada de 3 e miran cada vez máis alto
  • O Carballedo e o Monte Forte vencen en cadanseus derbis provinciais da Terceira Futgal
  • O San Lázaro caeu ante o líder da Segunda Futgal, o Tordoia
  • Tamén sumou de 3 o filial friolés nun partido máis doado do imaxinado ante o Cruces

Derrota do PM Friol ante o Lóstrego

Mal partido das friolesas a na casa, ante un Lóstrego moi intenso, amosando que quere loitar con todo por estar na zona alta da táboa. Con todo, as visitantes non foron moi superiores no xogo ao PM Friol, pero si moito máis efectivas.

Unha efectividade da que carecía por completo o PM Friol e a súa xogadora máis habitual na cita co gol, Yoleidis, que malia dispoñer de ocasións para anotar, non conseguiu transformar ningunha.

Final con derrota 0-2 que iguala a puntos a ambos equipos, con 32. O Lóstrego colócase na terceira praza grazas a un balance de goles a favor – en contra máis positivo.

O Antas non levanta o pé do acelerador

Lanzadas seguen as da Ulloa, que se anotan unha vitoria máis, desta volta ante o Calo a domicilio. Bo partido das celestes que se adiantaron axiña cun gol de Dana no minuto 4. Coa confianza e tranquilidade ded verse por diante no lumninoso, as de Óscar Méndez continuaron facendo dano pola banda dereita. Un clima propicio para que xa antes do descanso chegaran outros dous goles: o 0-2 de Rebeca no 29′ e o 0-3 de Jenny no 42′.

Xogadoras do Antas ante o Calo. Foto cedida.

Malia que tras o descanso o Calo apertou máis, foi incapaz de recurtar distancias nun partido cuxo resultado xa non se movería. Tres puntos máis para o Antas, que se afianza na 4ª posición, a tan só 6 puntos do líder, o Victoria CF B.

A Milagrosa apúntase 3 puntos máis

Nova vitoria milagrosista ante un Cultural Maniños que non o puxo doado. As locais, situadas na zona baixa da táboa, xóganse a estas alturas da tempada algo máis que simples partidos: finais pola permanencia. Por iso, as rivais nesta xornada da Milagrosa non llo puxeron doado.

Xogadoras da Milagrosa na visita ao Cultural Maniños. Foto cedida

Con todo e malia que a Cultural Maniños puxera o 1-0 por medio de Olaia no 17, axiña empatou o encontro Pilar, no 30′ (1-1). Xa tras o paso polos vestiarios, Pérez adiantou á Milagrosa. Mais de novo chegaron as táboas co gol de Lara, da Cultural Maniños, só 5 minutos despois.

Sería Alexia, quen ao final do partido, poría o definitivo 2-3 para dar tres puntos máis a unha Milagrosa á que o partido puido complicárselle e que ademais agarda agora un calendario tremendamente complexo, ante os equipos máis fortes da táboa.

O San Lázaro non pode co líder

Xornada moi complicada pra o San Lázaro, que visitaba a casa do líder, o Tordoia. Malia o resultado final (4-0), o San Lázaro deu máis guerra da que se reflicte.

Iso si, a calidade das líderes quedou demostrada. Se o San Lázaro se pechaba atrás, apenas era capaz de facer cruzar o balón ao campo do Tordoia. Porén, se movía o bloque de presión cara arriba, o Tordoia facíase letal con balóns ás costas.

No Catro Ventos manda o Carballedo

Vitoria por 3-1 do Carballedo na casa, ante o San Roque. Encontro que ambos equipos comezaron algo lentos e con imprecisións nas ocasións que dispuñan.

Xogadoras e corpos técnicos do Carballedo e San Roque, unidos na campaña contra o cancro. Foto cedida

Tra o paso polos vestarios, a néboa que parecían ter ambos equipos desapareceu. Foi Laura Ferreiro quen abriría o marcador, adiantando ao San Roque. Mais o Carballedo atopou axiña a opción do empate nun penalti que non fallou Ari. Ela mesma, xa no 72′, puxo a vantaxe no 2-1 para o Carballedo. Jesi declarou visto para sentencia o partido pola vía rápida tan só 3 minutos despois, anotando o definitivo 3-1 nun gran partido coral das «guerreiras» dirixidas por Sementa.

O líder segue imparable

A Festa do Cocido non deu os folgos necesarios ao Lalín para poñer freo ao Chantada. As de Fornas asinaron a domicilio unha nova vitoria que as afianza como as líderes da Terceira Futgal.

As xogadoras da SD Chantada celebran os tres puntos no vestiario. Foto cedida

A incombustible e máxica Iria abriu o marcador no minuto 10. Ao seu gol sumouse o tanto dunha das perlas do fútbol feminino chantadés presente e futuro: Saray, que puxo o 2-0 no 37′.

Xusto á volta do descanso, outra xogadora moi nova do equipo da capital do Asma ampliou a vantaxe ao 3-0: Uxía. Silvia, do Lalín, anotaría o solitario gol das locais no 50′ que non serviría máis que para maquillar o resultado final: 3-1.

O PM Friol B derrota a un Cruces a medio gas

As friolesas dominaron e gañaron con claridade un encontro que, a priori, agardaban moito máis difícil e intenso xa que o Cruces agardábaas na casa e como 2º clasificado.

Once inicial do PM Friol B ante o Cruces. Foto cedida

Porén, as amarelas apenas atoparon resistencia. Un partido que determinaron cos goles de Lidia e Andrea e que se viu continuamente interrompido polos numerosos fóras de xogo sinalados.

Goleada total do Monte Forte á Comercial

Ensañamento foi o que amosou un Monte Forte con moitas balas ante unha Comercial que non levanta cabeza.

Xogadoras da Comercial ante o Monte Forte. Foto cedida

Pdemer, abriu o marcador que remataría sendo dun 10-0 cun hat-trick dela mesma, ao que se sumaron 5 goles de Marián e 2 de Moji.

O PM Friol cede ante un rival directo

O PM Friol cede ante un rival