#Fútbol afeccionado #Terceira RFEF

O partido Fisioterapia Ronda . . . Viveiro – Arzúa: tres puntos pra garantir media permanencia

A xornada 18 en Terceira chega con celebración. Por fin volta o público as gradas. As medidas de desescalada publicadas pola Xunta de Galicia permiten un tercio do aforo nos estadios galegos, sen sobrepasar os 500 afeccionados. Agradecerao de forma especial o Viveiro, que disputará o domingo ás 16:45 horas un encontro trascendental na pelexa pola permanencia diante do Arzúa, e as gradas de Cantarrana vibrarán de novo co conxiunto celeste. O encontro será dirixido polo colexiado vigués Quintairos Rial.

O triunfo da pasada xornada diante do Fisterra deixou ao Viveiro nunha posición relativamente cómoda na táboa clasificatoria. Pero coa máxima igualdade da competición unha derrota complícache sobre maneira a situación. Si o encontro é contra un rival directo moito máis. De aí a importancia do encontro diante do Arzúa. Unha vitoria dos mariñáns suporía distanciar ao equipo de Javi Rey a catro puntos e cun encontro máis por disputar, o que ten que medir ao Viveiro co Silva, outro dos implicados na pelexa por evitar a fase de permanencia.

Os afeccionados viveirenses poderán asistir ao encontro en Cantarrana

As boas sensacións convidan ao optimismo. O conxunto adestrado por Chusky atopou en Cantarrana un bo aliado e sumou no seu feudo sete dos últimos nove puntos. Ao empate sen goles diante do Polvorín sucedéronlle dous triunfos vitais ante Paiosaco e Fisterra, o que fixo que o Viveiro abandoara o sétimo posto que agora ocupa un Fabril que recibe esta xornada a un intratable Bergantiños.

Sucédelle de xeito inverso ao Arzúa. Logo dun bo comezo ligueiro, con tan só unha derrota ata mediados de decembro, unha mala xeira na que só sumou sete dos últimos vintecatro puntos en xogo rematou co «queixo mecánico» metido de cheo na pelexa por salvar a categoría. Malia todo, o Arzúa chega a Cantarrana tras acadar un importante triunfo na última xornada diante do Fabril, o que propiciou que os de Javi Rey puideran salir dos postos de promoción de permanencia.

O último encontro entre Viveiro e Arzúa en Cantarrana xogouse o 25 de agosto do 2018, sendo a xornada inaugural desa temporada na que o conxunto visitante acadou o ascenso a Terceira, xusto por diante dos mariñáns. O resultado fora favorable ao Arzúa por 1-2 con goles de Álvaro Varela e Brais Pedreira. Para o Viveiro anotou Tichu.

Falamos do encontro cun dos fichaxes do inverno do cadro viveirense, o atacante Criss, e co chantadino Pedro Delgado, un fixo no once arzuán.

QUE OPINAN OS PROTAGONISTAS?

CRISS (VIVEIRO C.F.)

 – O Viveiro. «Chegamos moi ben a este último tramo de temporada. As dúas últimas vitorias deixáronnos moi boas sensacións e chegamos a este encontro coa intención de acadar tres puntos que nos deixarían nunha boa situación clasificatoria de cara a aos derradeiros encontros desta primeira fase».

O encontro. «Pode resultar clave o factor campo. Para nós xogar na casa é importante e sabemos que o terreo de xogo estará parecido a como estivo nos últimos partidos. O Arzúa está acostumado a outra superficie e pódelle costar adaptarse. Debemos saír concentrados e non cometer erros porque si somos capaces de xerar tantas ocasións como nos partidos anteriores teremos moitas opcións de gañar. Ademáis haberá público nas gradas, o que sen dúbidas tamén nos axudará».

O retorno á Terceira. «Sempre é apetecible xogar en Terceira, e dadas as circunstancias, saiu esta oportunidade para poder seguir disfrutando do fútbol. Estou adaptándome ben, hai un bo grupo humano no vestiario e co paso dos adestramentos vou collendo o ritmo necesario para competir».

PEDRO DELGADO (C.S.D. ARZÚA)

Foto: @avm_fotos

 – O Viveiro. «Agardo un partido moi complicado. Eles na casa están amosándose moi fortes e o domingo poden asistir afeccionados. Teñen xogadores de moito nivel como Javi Rey, Facu, Xaime, Pablo Rey . . .  co talento destes xogadores poden decidir calquer partido».

O último tramo. «Afrontámolo como unha final, sen marxe de erro se nos queremos meter entre os seis primeiros, que é o obxectivo deste equipo. Pasamos unha racha de resultados negativos, pero agora atopámonos con moita confianza logo da vitoria ante o Fabril. O fútbol non é lineal, sempre hai altos e baixos, que se deben levar o mellor posible».

A temporada no Arzúa. «Estou moi contento. O trato é moi bo no día a día por parte de directiva, corpo técnico e compañeiros. Coa confianza que me dan todos eles atópome moi cómodo xogando».

A II Guía Futbolinlugo, en dixital (11)

A-56: Traste (SD Chantada): «Competir, xóguese en

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *