#Fútbol afeccionado #Galería #Primeira Futgal

O partido en imaxes: Lemos-Atlético Escairón (1-1)

Houbo derbi monfortino na Pinguela, campo mítico do noso fútbol. Nel se mediron nun choque moi igualado os locais, o Club Lemos, e o Atlético Escairón, o único equipo máis da comarca que militou na Preferente ata o pasado ano. Chegaba como favorito o conxunto branco, pola súa condición de líder, pero os do Saviñao -que aínda loitan polo ascenso directo- puxéronlles as cousas moi difíciles e lograron arrincar un punto do campo monfortino, 1-1.

Hoxe traemos unha pequena galería fotográfica, obra de Mariluz Fagín, deste choque do pasado domingo.

O partido en imaxes: Lemos-Atlético Escairón (1-1)

Destacados Primeira. Xornada 26

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *