#Feminino #Fútbol afeccionado

O partido da xornada . . . Antas S.D. – S.C.D. Milagrosa: tres puntos e moita autoestima en xogo

O Castro Seoane será o esceario do gran derbi do fútbol feminino lucense. Antas e Milagrosa, os dous representantes do noso fútbol na máxima categoría do fútbol galego mídense este domingo ás 12 horas, nun encontro importante para ambas escadras, na súa pelexa por escapar da zona de perigo.

Logo de once xornadas disputadas, as rapazas da Ulloa, na temporada do seu debut nesta categoría tan só gañaro un encontro, a domicilio, no campo do Pastoriza. Tras seis encontros sen gañar (dous empates e catro derrotas), na última xornada o Antas amosou unha boa imaxe e estivo a piques de puntuar, pero a sorte foi cruel coas de Melendo, e no derradeiro minuto o Tordoia acadou o gol do triunfo. A afección do Castro Seoane agarda poder disfrutala primeira victoria do seu equipo nun campo que o ano pasado foi inexpugnable.

Equipo do Antas na pasada temporada, na que logrou o ascenso

Tres puntos máis que o Antas ten a Milagrosa. Os tres últimos foron acadados este último fin de semana ante o Sárdoma nun encontro no que as lucenses remontaron o gol do rival no último cuarto de hora. As dúas últimas saídas da Mila remataron en goleada, pero ante conxuntos con aspiracións distintas: Deportivo B e Viajes Interrías, polo que ben seguro que as rapazas capitalinas buscarán resarcirse no derbi.

Falamos con Melendo, adestrador do Antas, e con Esther, unha das máis destacadas xogadores da Milagrosa.



MELENDO (ANTAS S.D.)

A temporada. «A nivel persoal estou moi contento polo reto que supón, tanto para mín como para o equipo e o clube. Sabemos o complicado que é que un concello como Antas de Ulla teña un equipo nesta categoría, polo que imos disfrutar de todo o que nos está a suceder. A nivel deportivo existe unha grandísima diferencia coa categoría na que xogamos o ano pasado. Tódalas xogadores teñen uns niveis técnicos e tácticos moi elevados e a intensidade é moi alta».

O último encontro. «Temos que seguir traballando para que non nos volva a suceder. Perdemos no último minuto, pero é que os oito equipos que da zona baixa da clasificación estamos moi igualados. A Pastoriza gañounos cun gol nos últimos cinco minutos, o Arcadia empatounos ao final, co Orzán fomos nós os que marcamos ao final…»



O derbi. «Afrontámolo como un encontro máis. Igual ca nós, a Milagrosa é un deses oito equipos que estamos un punto por debaixo dos demáis e será un encontro moi competido. O que agardo é que o meu equipo explote os seus puntos fortes e se ocorre así seguro que teremos opcións de levarnos os tres puntos».

O rival. «Preocúpame máis o meu equipo, saber si somos capaces de ler o partido e saber as distintas necesidades que se dan para poder sacar adiante o encontro».

O gran obxectivo da Milagrosa esta temporada é logralo ascenso

ESTHER (S.C.D. MILAGROSA)

A temporada. «Somos un grupo, en xeral, moi xove nunha liga sénior, pero con proxección de futuro, ilusión e ganas de traballar. Este ano loitamos por manternos na categoría e estou segura de que faremos todo o posible para que sexa así. Temos que intentar medrar como grupo».

O derbi. «Será un encontro moi disputado ante un gran rival nun campo difícil. Estou segura de que daremos a cara e loitaremos ata o derradeiro minuto para poder traer pra casa os tres puntos».



O Antas. «É un equipo con boas xogadoras que se atopa na mesma situación ca nós. Está claro que van saír a por todas neste encontro, igual ca nós, polo que agardo que se vexa un gran encontro».

[themoneytizer id=»15360-3″]

ESTE FIN DE SEMANA TAMÉN PODES VER . . .

Terceira División

– Racing Vilalbés – Silva (Domingo ás 16 horas na Madalena): encontro vital para o conxunto chairego. Os de Simón Lamas reciben a un rival directo pola permanencia co obxectivo de manter o bo nivel do último encontro na casa. O cadro coruñés suma dous puntos máis que os chairegos.

Javi Pita está a ser o dono da portería do Racing Vilalbés nesta campaña

Preferente Norte

– C.D. Foz – Boimorto C.F. (Domingo ás 16 horas no Martínez Otero): logo dos marcadores negativos das últimas xornadas urxe un triunfo para os focenses. Non o terán doado ante un Boimorto cómodamente situado na metade da clasificación.

– Viveiro C.F. – Puebla C.F. (Domingo as 16:15 horas en Cantarrana): os de Chusky reciben a un dos conxuntos máis incómodos da categoría, coa moral polas nubes logo do gran encontro realizado no campo do Noia.

Primeira Autonómica

 – Taboada C.F. – C.F. Riotorto (Domingo ás 16:15 horas na Medela): os locales, instalados desde o comezo de temporada na zona media-alta da táboa reciben ao cadro de Labrada, que tras dez encontros sen coñecela derrota xa está a un só punto dos postos de ascenso.

 – Atlético Escairón – S.D. Residencia (Domingo ás 16:15 horas no Municipal): o conxunto do Saviñao rachou a mala xeira de resultados da mellor maneira, dobregando ao conxunto revelación da categoría. Agora os de Escalza reciben á Residencia, segundo clasificado, que conta por victorias os seus catro últimos encontros.

O «Rifle» anotou os dous tantos do triunfo do Escairón en Santaballa

Segunda Autonómica

 – Guitiriz S.D. – S.D.C. Roupar (Domingo ás 16:15 horas no Suso Cruz): os de Delfín Romero segundos clasificados e uns dos favoritos ao ascenso, reciben a un Roupar co cal están empatados a puntos, e que está realizar unha temporada extraordinaria. Acadou os últimos quince puntos en xogo.

C.F. Portomarín – S.D.C. San Roque (Sábado ás 16:15 horas no Chao da Poza): o debut como local de Fernandito no banco do Portomarín será ante o líder, que vén de gañar un complicado encontro ante o Ferreira. Os locales buscarán tres puntos para voltar a unha dinámica positiva.

Terceira Autonómica

 – S.D. Muimenta – Celta Barreiros (Domingo ás 16:15 horas no Pichón): o cadro adestrado por Basi mantense no liderato logo de remontar ante o Rioaveso. Recibe a outro dos aspirantes ao ascenso, o Celta Barreiros, que buscará voltar á regularidade amosada nas primeiras xornadas de liga.

O Muimenta, ata o de agora é o conxunto máis forte da Terceira Autonómica, grupo Norte

– C.D. Río Sil – S.D. Antas (Domingo ás 16:15 horas na Carqueixa): enfrontamento entre dous conxuntos que se atopan en postos de promoción e buscarán un triunfo para non verse lonxe do ascenso directo.

Segunda División Feminina

– P.M. Friol C.D. Lugo – Sporting de Xixón (Domingo ás 16:30 na Reigosa): importante encontro, no que, un triunfo deixaría as de Friol por enriba das súas rivais desta xornada e xa podería mirar de reollo aos dous grandes favoritos: Deportivo e Oviedo Moderno.

 Segunda División Galega

 – S.D. Chantada – Unión Campestre (Domingo ás 12 horas no Sangoñedo): os chantadinos reciben ao segundo clasificado. O que sería o terceiro triunfo consecutivo das lucenses, catapultaríaas á zona alta da clasificación.

 

 

 

O partido da xornada . . . Antas S.D. – S.C.D. Milagrosa: tres puntos e moita autoestima en xogo

As nosas guerreiras da fin de semana

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *