#Fútbol afeccionado #Terceira Futgal

O Páramo recibe a copa de campión de liga e celébrao con goleada

O Tres en Raia En Boas Mans da quinta xornada do Torneo Delegación mantén ao Páramo cun pleno de vitorias no grupo terceiro. Celta Barreiros, Casás e Rubián son líderes no resto de grupos. O Catro Roldas non foi quen de estrear o casilleiro de puntos.

GRUPO 1. Catro Roldas – Celta Barreiros (1-2). Encontro de dominio alterno nunha primeira metade que rematou sen goles. Os dous conxuntos gozaron dalgunha opción para marcar, aínda que sen moita claridade. No segundo tempo saiu mellor o Catro Roldas e nunha boa xogada colectiva Maseda marcou a pase de Samu. O Celta Barreiros, cun inspirado Javi Andina, remontou en menos de dez minutos con dous goles do extremo ribadense. A actuación do colexiado non deixou contento a ningún conxunto e Adil, por parte local, e Iñaki e o adestrador Rubén Acebedo por parte visitante remataron expulsados.

GRUPO 2. Casás – Friol B (4-1). Dominio claro do Casás que levou a iniciativa do xogo durante os noventa minutos. Os goles non tardaron en chegar. Brais Pin cun remate de cabeza adiantou ao Casás e só dous minutos tarde Marcos igualou para o Friol B tras aproveitar un erro na saída de balón. Repúxose ben o Casás con longas posesións de balón. Brayan e Fonseca puxeron en clara vantaxe aos locais antes do descanso. No segundo tempo Fonseca completou a goleada.

máxicos acebreiro



GRUPO 3. O Páramo – Chantada Atlético B (6-1). O Páramo recibiu a copa de campión de liga nas Rapadas no último encontro dos de Jony Lombardía na fase regular do Torneo Delegación. Cun once titular con oportunidades para os menos habituais, o cadro local foi superior ao filial chantadino e Platas e Borjita déronlle clara vantaxe no marcador. No segundo tempo os de Ivi Gayoso recurtaron diferencias cun tanto de Poyán á saída dun córner. Aínda que o Chantada Atlético B tivo uns minutos nos que puido empatar, o Páramo non perdonou. Héctor, Juan, Antón e un tanto en propia porta culminaron a goleada.

GRUPO 4. Bóveda – Taboada B (1-0). O Bóveda acadou os seus tres primeiros puntos nun encontro no que foi superior ao Taboada B. Os pupilos de Fernando Elcoso realizaron un partido bastante completo e contaron con boas ocasións para que o marcador fora máis amplo. O único tanto do encontro non chegou ata o minuto 65, obra de Ángel. A boa actuación do porteiro Eloy impediu unha maior renda de goles para o cadro local.



O Páramo recibe a copa de campión de liga e celébrao con goleada

A última xornada da 2ª, pendente do

O Páramo recibe a copa de campión de liga e celébrao con goleada

O ascenso máis especial no Acebreiro

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *