O Montañeros con máis sabor lucense
-
- 0
- 3min de lectura
O Atlético Coruña Montañeros conseguiu gañar a Preferente Norte na última xornada tras unha tempada na que o dominio do conxunto coruñés foi incontestable en todo momento. Inda que o equipo xoga na Coruña, o sabor lucense do seu ascenso á Terceira está moi presente con Unai Peón e Currás no campo, Jairo Portela coma adestrador de porteiros e coa gran referencia de Pablo Fernández na dirección deportiva para a reconstrucción dun clube que chegou a xogar na Segunda B
Futbolinlugo: Parabéns polo voso ascenso! Como foi este camiño a chegar ata este punto?
Pablo Fernández: Levo dende o inicio desta nova andaina do Montañeros, que xa leva doce anos. Comezamos na Terceira Futgal cando o clube estaba case desaparecido e con acertos e fallos pois reconstruíndo a un histórico. Por sorte tantos anos de traballo deron os seus froitos nesta gran tempada.
FIL: Este curso bordou a perfección ao dominar dende o comezo. Como foi a preparación tanto do cadro de xogadores coma do corpo técnico?
PF: Sentamos a base o ano pasado subindo a xogadores coma Unai que estiveron no Montañeros na categoría xuvenil. A nosa idea co corpo técnico que coñece ben todo o clube queríamos mezclar veteráns cos rapaces da casa. Os reforzos en posicións determinadas fixo que déramos o paso definitivo e, inda que non era o obxectivo marcado, ascendimos demostrando que había moito talento.
FIL: Indo cara a parte lucense, como foi xuntar ese grupo?
PF: Currás xa estivera con nós tres tempadas e Unai estivo no xuvenil e leva dous anos no primeiro equipo. Jairo si que esta é a primeira campaña na que está no clube. Todos fixeron un gran traballo na súa faceta con Unai sendo titular indiscutible dende o comezo e con Currás sendo decisvo na parte final con goles e traballo. Somos catro pezas da provincia que cadraron ben.
FIL: Como levades a opción de planificar con tempo a vindeira tempada na Terceira RFEF?
PF: Danos marxe para ter máis tranquilidade para ver o que necesitamos. Son días de descanso e reunións para ver o que necesitamos tanto coma grupo coma a nivel infraestrutura de clube. Queremos manter a mesma filosofía e mezclar aos que se formaron no Montañeros coma a xogadores que xa teñen máis camiño no fútbol para aumentar a capacidade de competir.